
Ao igual que sucede coas competencias dixitais docentes, existen áreas que definen e perfilan o que implica a competencia dixital da cidadanía.
Os recursos que o proxecto E-Dixgal pon á disposición do alumnado e das súas familias, xunto coa guía de traballo destas áreas, facilitará que o alumnado ao rematar a súa etapa educativa dispoña da competencia dixital que lle permitirá a súa participación activa unha sociedade cada vez máis dixitalizada e con novos retos.
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
|
Busca e xestión de información e datos Articular necesidades de información, buscar datos, información e contidos en contrnas dixitais, acceder e navegar por eles. |
Comunicación e colaboración Participar na sociedade a través do uso de servizos dixitais públicos e privados. |
Creación de contidos dixitais Crear e editar contidos dixitais. |
Seguridade Protexer os dispositivos, os contidos, os datos persoais e aprivacidade en contornas dixitais. |
Resolución de problemas Identificar necesidades e problemas, resolver problemas conceptuais e situacións problemáticas na contorna dixital. |




