
A Estratexia para a Educación Dixital 2030 pretende fomentar o ecosistema educativo dixital e perfeccionar as competencias e capacidades dixitais das comunidades educativas mediante a actuación nos ámbitos do alumnado, profesorado, familias, centros educativos e comunidade educativa en xeral.

Organízase en torno a 12 accións de impacto: a dotación, o Plan Dixital de centro, o traballo con IA, STEM, robótica e tecnoloxías intensivas, o desenvolvemento da administración educativa dixital, polos creativos, as aulas virtuais intelixentes, mobilidade virtual e actividades virtuais extraescolares, a accesibilidade universal, contidos dixitais, un plan integral de formación e acreditación de competencias dixitais da comunidade educativa, un plan formativo en recursos dixitais, un plan integral de loita contra a desinformación e un plan de infraestruturas educativas.