Saltar navegación

Un proxecto educativo dixital

Neno traballando con elementos do proxecto

O proxecto E-Dixgal proporciona ás escolas e á súa comunidade educativa as ferramentas e recursos necesarios para implementar un proxecto educativo dixital. Este proxecto baséase nun modelo híbrido que combina os métodos tradicionais cos recursos, ferramentas e contidos dixitais.

Este modelo ten tres principais vantaxes:

  • Interacción: Os estudantes poden aprender de forma personalizada e dinámica utilizando recursos multimedia, actividades interactivas e establecer canles de comunicación co profesorado e o resto do alumnado que lle permitirán o traballo colaborativo
  • Contacto directo: Os materiais analóxicos, como libros e cadernos, seguen desempeñando un papel esencial no desenvolvemento de habilidades como a escritura manual e naqueles momentos que o profesorado considere oportunos.
  • Flexibilidade pedagóxica: Os docentes poden adaptar as súas estratexias ás necesidades dos alumnos, mesturando o ensino tradicional e dixital para fomentar un maior compromiso e aprendizaxe.

Maís información en: https://espazoabalar.edu.xunta.gal/e-dixgal

Feito con eXeLearning (Nova xanela)