Marco Europeo para a Competencia Dixital Docente (DigCompEdu)

O marco está dirixido ás e aos docentes de todos os niveis educativos, desde a educación infantil ata a educación superior e de adultos, pasando pola formación xeral e profesional, a educación para necesidades especiais e os contextos de aprendizaxe non formal.
Os recursos que o proxecto E-Dixgal pon á disposición dos centros educativos, do profesorado, do alumnado e as súas familias, facilita a mellora da súa competencia dixital. As características destes recursos (flexibles, personalizables e adaptables) facilitan a progresión e mellora no desenvolvemento da competencia dixital docente.
O feito de formar parte activa do proxecto garante ao profesorado o recoñecemento dun nivel da súa competencia dixital.