
Podcast
![]() |
Un podcast é un arquivo de audio ou multimedia, xeralmente de publicación periódica, que se almacena en liña para facilitar a súa descarga e reprodución por parte dos usuarios. Empregando por exemplo o Audacity do que xa falamos no apartado de recursos dixitais, e cunha planificación axeitada pódense obter resultados finais cunha calidade máis que aceptable. Se ademais o centro conta con recursos complementarios coma os ofrecidos desde o programa Radio na Biblio das bibliotecas escolares o resultado final será dunha moi boa calidade. Á hora da publicación pódese empregar a Galería multimedia do centro ou mesmo a propia web. Para consultar como facer esta publicación premer aquí "Creación de contidos multimedia" do proxecto Websdinámicas. |
Infografía
![]() |
As ferramentas mencionadas que están integradas na maqueta abalar, vanlle permitir ao alumnado, ben de forma individual ou en grupos, crear os seus propios póster ou infografías. Aspectos básicos relacionados co deseño (tipografías, imaxes ou composición) tamén se van poder incluír á hora de obter un produto final, que ao igual que sucedía co poscart, tamén é factible publicar desde a propia web do centro para darlle difusión do traballo ao resto da comunidade educativa. |

