Saltar navegación

Produto final

Podcast

Un podcast é un arquivo de audio ou multimedia, xeralmente de publicación periódica, que se almacena en liña para facilitar a súa descarga e reprodución por parte dos usuarios.

Empregando por exemplo o Audacity do que xa falamos no apartado de recursos dixitais, e cunha planificación axeitada pódense obter resultados finais cunha calidade máis que aceptable. Se ademais o centro conta con recursos complementarios coma os ofrecidos desde o programa Radio na Biblio das bibliotecas escolares o resultado final será dunha moi boa calidade.

Á hora da publicación pódese empregar a Galería multimedia do centro ou mesmo a propia web. Para consultar como facer esta publicación premer aquí "Creación de contidos multimedia" do proxecto Websdinámicas.

Newsletter

As ferramentas mencionadas que están integradas na maqueta abalar, vanlle permitir ao alumnado, ben de forma individual ou en grupos, crear os seus documentos e a difusión dos mesmos.

Aspectos básicos relacionados co deseño (tipografías, imaxes ou composición) tamén se van poder incluír á hora de obter un produto final, que ao igual que sucedía co poscart, tamén é factible publicar desde a propia web do centro para darlle difusión do traballo ao resto da comunidade educativa.

Vídeo

No caso do vídeo da convocatoria 2023/24 tratábase dun vídeo musical que inclúa a elaboración dunha canción e unha coreografía relacionadas co lema do concurso Súmate á enerxía responsable.

O obxectivo do vídeo era fomentar entre os escolares hábitos de consumo baseados na sostibilidade e o aforro enerxético e convencer o seu contorno escolar, familiar e social da necesidade de utilizar de forma responsable a enerxía, reducir o seu consumo e obtela a partir de fontes limpas.

Algunhas ideas que se lle propoñían aos escolares foron:

  • Como aforrar enerxía (luz, gas, auga, calefacción, baterías de dispositivos eléctricos...) na casa/escola/cos amigos…
  • Como aforrar enerxía no consumo de produtos (etiquetaxe enerxética, pilas recargables, lámpadas de baixo consumo, roupa de segunda man…).
  • Transporte sostible.
  • Como aforrar no consumo e ocio tecnolóxicos (custo enerxético das redes sociais, consumo de xigas, uso de móbiles/tabletas…).
  • Factura enerxética.
  • Como aforrar enerxía para combater o cambio climático.



Feito con eXeLearning (Nova xanela)