Saltar navegación

Aspectos metodolóxicos

Á hora de integrar os diferentes recursos para acadar o desenvolvemento da competencia dixital haberá que ter en contas unha serie de principios metodolóxicos e de actuación que guíen o proceso de ensino-aprendizaxe.

Deberíase buscar unha aprendizaxe colaborativa, e busca a participación activa do alumnado a través da experimentación, nun contexto que estimule a súa curiosidade, creatividade e desenvolvemento emocional positivo. Neste enfoque teñen cabida elementos dixitais con outros elementos xa presentes nas aulas e nos centros educativos.

Modelos de integración das TIC nas aulas

Marco de Referencia de la Competencia Digital Docente (ver páxina 17) (CC BY-SA)

Na táboa anterior faise referencia a unha recollida de información sobre os diferentes modelos de integración das TIC nas aulas e o actual marco de competencias. Unha das conclusión das que fala na maioría dos informes é a necesidade de ir paso a paso nesa integración, afianzando cada paso e cada avance. No caso de pretender chegar ao último escalón, as posibilidades de fracasar nun axeitado uso dos recursos é bastante probable.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)