
Primeiros pasos
 |
Algunhas propostas para comezar o traballo co alumnado
- Encender, apagar e suspender o equipo.
- Como se vai xestionar o carro de carga no caso de que o alumnado deixe os equipos na aula.
- Uso dos cargadores e adaptadores do carro de carga no caso de precisalos.
- Crear cartafois para cada unha das materias e organizar o arquivo da información.
- Crear algún documento sinxelo de texto ou presentación que permita traballar aspectos de creación, edición, arquivo e posterior recuperación da información.
- Acceder ao EVA ou espazo onde o alumnado visualice contidos e recursos cos que traballará ao longo do curso.
|
Conectividade
 |
Explicar ao alumnado como se conecta o equipo a internet
- No caso de estar na aula a conexión será automática á wifi Abalar. Para ver máis información premer aquí.
- No caso de que o equipo non se conecte comprobar se o equipo ten a wifi activada. Dependendo dos equipos a tecla que activa ou desactiva a wifi é diferente.
- Simular como sería a conexión no fogar. No caso de estar na aula, ademais da wifi Abalar os equipos deberían detectar a wifi edu.xunta.gal.
- Indicar os pasos a seguir: no caso dunha rede wifi haberá que coñecer o identificador desa rede e os datos de acceso. No caso dunha rede cableada deberían saber na casa se a conexión é automática hai que especificar algún enderezo IP.
|
Control da aula
 |
Epoptes - software de control de aula
|
Intercambiar arquivos
 |
A aplicación Samba
- O protocolo Samba facilita o intercambio de ficheiros entre equipos e sistemas. Os nosos alumnos poderán compartir dende os seus ultraportátiles todo tipo de ficheiros, documentos e traballos ao equipo do profesor e viceversa.
- Para máis información premer aquí.
|
Configuracións básicas
 |
Algúns aspectos configurables
- É importante a principio de curso adicarlle uns minutos a como adaptar a configuración do equipo a cada necesidade. Para a maioría das funcións que se comentan aquí, os portátiles de alumnado dispoñen de teclas específicas. Será necesario identificar esas teclas e a súa función:
- Control do volume.
- Control do brillo da pantalla.
- Uso de elementos externos coma por exemplo auriculares se é o caso.
|
Recursos do equipo
 |
Aplicacións e funcionalidades
- A maqueta instalada no equipos portátiles tanto do alumnado coma do profesorado conta cunha serie de recursos e aplicación que van permitir sacarlle partido a ese equipamento. Desde crear documentos (suite Libreoffice), crear/editar arquivos de audio (Audacity), crear/editar imaxes (GIMP ou TuxPaint), manexar arquivos vectoriais, de deseño, programación, etc.
- Para acceder ás aplicacións instaladas premer abaixo á esquerda no botón Aplicativos.
- Unha vez feito despregarase a organización das aplicacións.
- Para ver algunha das posibilidades premer aquí.
|