Versión Orixinal
Detrás da canción
"When the Saints Go Marching In" (ou simplemente "Os Santos") é un espiritual negro.
Aínda que se orixinou como un himno cristián, adoita ser interpretado por bandas de jazz.
A canción foi presentada e gravada o 13 de maio de 1938 por Louis Armstrong e a súa orquestra.
As orixes desta canción non están claras. Ao parecer, evolucionou a principios do século 1900 a partir dunha serie de cancións góspel con títulos semellantes, incluíndo "When the Saints Are Marching In" (1896) e "When the Saints March In for Crowning" (1908).
As versións máis antigas eran lentas e maxestosas, pero co paso do tempo, as gravacións fixéronse máis rítmicas.
A letra da canción é apocalíptica, tomando gran parte das súas imaxes do Libro da Apocalipse.
A trompeta é a forma en que se anuncia o Xuízo Final.
Como o himno expresa o desexo de ir ao Ceo, representando aos santos entrando (a través das Portas Perladas), é moi apropiada para interpretar en funerais.
Na tradición de Nova Orleans, interprétase como marcha funeral, "jazz funeral", nas procesións que levan o ataúde ao camposanto.
Actualmente é raro escoitala como música relixiosa, escóitase máis ben como canción popular irreverente relacionada con co “dixie” (Dixieland).
Dixieland, ás veces denominado jazz tradicional, é un estilo de jazz baseado na música que se desenvolveu en Nova Orleans a principios do século XX. As gravacións de 1917 da Original Dixieland Jass Band (que pouco despois cambiou a ortografía do seu nome a "Original Dixieland Jazz Band") fomentaron a conciencia deste novo estilo de música. Os elementos musicais que caracterizan este estilo son a instrumentación con trompetas, trombóns e clarinetes, e a improvisación de conxunto sobre un ritmo de dous tempos.
Aínda que “When the Saints go Marching in” tiña raíces folk e tradicionais, varios compositores reclamaron dereitos de autor nela nos anos posteriores.
A melodía considérase un estándar de jazz, é dicir, unha composición musical que forma unha parte importante do repertorio musical dos músicos de jazz, xa que é amplamente coñecida, interpretada e gravada polos músicos de jazz e moi coñecidas polos oíntes.
Extracto e tradución da Wikipedia
Ficheiro adxunto
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 4.0