Saltar navegación

Versión Orixinal

Detrás da canción

“Carols Rhapsody” é unha rapsodia de panxoliñas e cancións populares en lingua inglesa ensamblada por DJ Beat (2022).

Unha rapsodia musical fai referencia á canción que se compón da unión libre de diversos temas melódicos e rítmicos que non teñen vínculo entre sí.

Ao longo da historia da música compuxéronse rapsodias que se fixeron moi populares de compositores como Brahms, Liszt ou máis recentes como G. Gershwin (1926, Rhapsody in Blue” ) ou o grupo Queen (1975, "Bohemian Rhapsody” ).

“Carols Rhapsody” está composta por 4 cancións:

1.- “Silent Night”, coñecida panxoliña composta orixinalmente en alemán polo austríaco Franz Xaver Gruber e letra escrita por Joseph Mohr. Foi interpretada por primeira vez o 24 de decembro de 1818.

A canción foi declarada Patrimonio cultural inmaterial da Humanidade no 2011, sendo gravada por moitos artistas e en diversos xéneros musicais.

A versión de Bing Crosby é a máis popular en todo o mundo, sendo o terceiro single máis vendido da historia.

2.- “Joy to the World”, (ledicia para o mundo) unha das panxoliñas máis populares nos países de fala inglesa.

A súa música foi composta polo estadounidense Lowell Mason en 1839 a partir da letra escrita no 1719 polo teólogo Isaac Watts, quen se baseou no salmo 98 da Biblia.

3.- “We Wish you a merry Christmas”, (desexámosvos un bo Nadal) unha panxoliña anónima do século XVI que provén de Inglaterra.

A orixe das panxoliñas na tradición inglesa relaciónase co costume da xente rica da comunidade de agasallar con doces de nadal aos cantores de panxoliñas na véspera de Nadal. É unha das poucas panxoliñas tradicionais inglesas que menciona o Aninovo.

4.- “Jingle Bells”, unha das cancións tradicionais de inverno máis coñecidas e cantadas en todo o mundo. Foi escrita entre 1850-57 polo compositor estadounidense James Pierpont baixo o título “The One Horse Open Sleigh”. A pesar de estar intimamente conectada co Nadal, non é especificamente unha panxoliña, xa que non se menciona na súa letra, e trata sobre carreiras de cabalos.

Extracto e tradución da Wikipedia