Saltar navegación

Actividades de Reforzo

Escolle a opción correcta en cada apartado:

Pregunta

1.- “When the Saints go Marching In” é...

Respostas

unha canción de berce

un espiritual negro

unha balada americana

Retroalimentación

Pregunta

2.- A canción foi presentada e gravada o 13 de maio de 1938 por...

Respostas

a Orquestra de Jazz de Nova Orleans

a Original Dixiland Jazz Band

Louis Armstrong e a súa orquestra

Retroalimentación

Pregunta

3.- A letra da canción é apocalíptica, tomando gran parte das súas imaxes do Libro da Apocalipse. Na música...

Respostas

a trompeta é a forma en que se anuncia o Xuízo Final.

o trombón é a forma en que se anuncia o Xuízo Final.

o clarinete é a forma en que se anuncia o Xuízo Final.

Retroalimentación

Pregunta

4.- Na tradición de Nova Orleans, interprétase como marcha funeral pero actualmente...

Respostas

é raro escoitala como música relixiosa, escóitase máis ben como canción de berce.

é raro escoitala como música relixiosa, escóitase máis ben como canción popular irreverente.

é raro escoitala como música relixiosa, escóitase máis ben como balada americana.

Retroalimentación

Pregunta

5.- Os elementos musicais que caracterizan o Dixieland son...

Respostas

a instrumentación con trompetas, cordas fretadas e arpa, e a improvisación de conxunto sobre un ritmo de dous tempos.

a instrumentación con violíns, trombóns e clarinetes, e a improvisación de conxunto sobre un ritmo de dous tempos.

a instrumentación con trompetas, trombóns e clarinetes, e a improvisación de conxunto sobre un ritmo de dous tempos.

Retroalimentación

Pregunta

6.- A melodía considérase un estándar de jazz, é dicir...

Respostas

unha composición musical que forma unha parte importante do repertorio musical dos músicos de jazz, xa que é exclusiva e interprétaa moi poucos músicos de jazz.

unha composición musical que forma unha parte importante do repertorio musical dos músicos de jazz, xa que é amplamente coñecida, interpretada e gravada polos músicos de jazz e moi coñecidas polos oíntes.

unha composición musical que forma unha parte importante do repertorio musical dos músicos de jazz, xa que é exclusiva e moi pouco coñecida polos oíntes.

Retroalimentación

Pregunta

7.- O compás da nosa versión é:

Respostas

compás binario, 2/4

compás ternario 3/4

compás cuaternario 4/4

Retroalimentación

Pregunta

8.- A estrutura da nosa versión é:

Respostas

Intrumental – Estrofa 1 – Estrofa 2 – Instrumental

Intro – Estrofa 1 – Retrouso – Estrofa 2 – Retrouso - Estrofa 3 - CODA

Estrofa 1 – Retrouso – Estrofa 2 – Estrofa 3

Retroalimentación

Pregunta

9.- As dúas tonalidades do noso arranxo musical son:

Respostas

LA menor, 3 bemois na armadura (Sib, Mib, LaB) e SOL Menor, dous sostidos na armadura (Fa# e Do#)

FA Maior, 1 bemol na armadura (Sib) e SOL Maior, un sostido na armadura (Fa#)

FA menor, 2 bemois na armadura (Sib, Mib) e SOL Menor, dous sostidos na armadura (Fa# e Do#)

Retroalimentación

Pregunta

10.- Escoita a seguinte versión e escolle a instrumentación que soa:

Respostas

trompetas, trombóns, clarinetes, batería, voz feminina

trompetas, violíns, frautas, banxo, batería, voz

trompetas, trombóns, clarinetes, banxo, batería, voz masculina

Retroalimentación