Versión Orixinal
Detrás da canción
"The Charleston" é unha composición de jazz que foi escrita para acompañar o baile de Charleston.
Foi composta en 1923, con letra de Cecil Mack e música de James P. Johnson, quen introduciu por primeira vez o estilo de stride piano.
O stride piano era unha forma jazzística de tocar o piano que procede dunha evolución do Ragtime.
O seu nome deriva dos saltos (strides) que daba a man esquerda ao tocar, que alternaba notas potentes nos tempos débiles, con acordes nos tempos fortes.
As composicións neste estilo foron escritas, pero tamén estaban destinadas a ser improvisadas.
A canción “The Charleston” apareceu no programa de comedia musical estadounidense de Broadway Runnin' Wild, que se estreou no New York's New Colonial Theatre o 29 de outubro de 1923.
A música dos estibadores de Carolina do Sur inspirou a Johnson para compoñela.
A danza coñecida como Charleston chegou a caracterizar a época dos anos 20.
A letra, aínda que raramente cantada, foi escrita por Cecil Mack, un dos compositores máis destacados de principios do século XX.
O ritmo principal da canción, basicamente o primeiro compás dunha clave de 3 2 (patrón rítmico cubano), utilizouse moito na composición de jazz e aínda é referido polo seu nome polos músicos.
Na harmonía, a canción presenta unha progresión ragtime de cinco acordes (I-III7-VI7-II7-V7-I).
A canción foi utilizada en varias películas ambientadas na década de 1920. Ginger Rogers baila ao ritmo da música na película Roxie Hart (1942). Nas películas Margie (1946) e Qué bello es vivir (1946) a canción soa durante as escenas de baile escolar.
Na película Tea for Two (1950), con Doris Day e Gordon MacRae, a canción é un número de produción destacado. Unha versión interpretada por Enoch Light e os Charleston City All Stars úsase na película de Woody Allen Midnight in Paris de 2011, ambientada en gran parte na década de 1920...
Unha das gravacións máis famosas da canción foi a de The Golden Gate Orchestra en 1925, incluída no Rexistro Nacional de Gravacións de Estados Unidos.
"The Charleston" entrou no dominio público nos Estados Unidos en 2019.
Extracto e tradución da Wikipedia
Ficheiro adxunto
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 4.0