Versión Orixinal
Detrás da canción
“Aud Lang Syne” é unha canción popular escocesa cuxa letra é un poema escrito en 1788 por Robert Burns, un dos poetas escoceses máis populares.
Cántase cunha melodía tradicional escocesa, é dicir, folk e polo tanto anónima..jpg)
A melodía coa que se canta habitualmente é unha melodía folk pentatónica, probablemente proviña dunha danza vivaz cun tempo moito máis rápido. Orixinalmente tiña outra melodía, que se remonta ao 1700 e foi considerada "mediocre" por Robert Burns.
“Auld lang syne”, en escocés, significa literalmente “hai moito tempo”; aínda que se traduza máis axeitadamente como
“polos vellos tempos”.
A canción comeza formulando unha pregunta retórica: É correcto que os vellos tempos sexan esquecidos?
A resposta é xeralmente interpretada como unha chamada a lembrar grandes amizades pasadas.
No movemento “Scout”, esta canción coñécese como a "Canción de despedida".
Adoita empregarse en momentos solemnes, como aqueles nos que alguén se despide, comeza ou remata unha longa viaxe no tempo, un funeral, etc.
Cántase tradicionalmente ao final das reunións de Aninovo en Escocia e en todo o mundo, especialmente nos países de fala inglesa.
A canción foi traducida a moitos idiomas, e é amplamente cantada en todo o mundo. A escala pentatónica da canción coincide coas escalas utilizadas en Corea, Xapón, India, China e outros países asiáticos, o que facilitou a súa "nacionalización" no Leste.
A forte mensaxe e asociación da canción e a súa melodía coas despedidas convertérona nun elemento básico para as bandas sonoras de películas desde os inicios do cine ata a actualidade; un gran número de episodios de películas e series de televisión utilizárono como fondo, en xeral, pero non exclusivamente, para evocar o Aninovo.
Extracto e tradución da Wikipedia
Ficheiro adxunto
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 4.0