Tarefas de Ampliación
PROPOSTA 1.- Ficha Técnica da canción
- Unha boa investigación musicolóxica require unha recollida e rexistro de información sobre a canción.
- Cubrindo esta ficha técnica sobre a canción "Carols Rhapsody" profundizaremos no seu sentido e disfrutaremos moito máis escoitándoa e interpretándoa.
- Descarga a ficha facendo clic na libreta de arriba.
- Para realizar a investigación busca fontes de información diferentes e fiables como wikipedia, Internet Archive, o noso arranxo musical...
- Cando remates envía a ficha técnica cuberta por ENTREGA TAREFAS 3.
Ficheiros adxuntos
PROPOSTA 2.- Investigación Musicolóxica
1.- Coñecendo máis datos sobre "Carols Rhapsody" e o seu entorno conectaremos coñecementos e sensacións ampliando a nosa relación coa canción.
2.- Para a vosa investigación musicolóxica debedes escoller e centrarvos nalgún tema ou personaxe relevante que espertara a vosa curiosidade. Aquí propoñemos 3 opcións; podedes escoller unha ou propor vós outra diferente:
- Que é o Patrimonio Cultural Inmaterial da Humanidade? Que organización o declara? Cales son os seus obxectivos? Busca exemplos musicais.
- "Bohemian Rhapsody" de Queen: composición e análise musical dunha rapsodia.
- Orixe das panxoliñas na tradición inglesa.
- Outro tema do voso interese relacionado con "Carols Rhapsody".
3.- Para realizar a investigación buscade fontes de información diferentes e fiables como wikipedia, Internet Archive...
4.- Volcade os datos máis importantes nunha PRESENTACIÓN e enviádea por ENTREGA TAREFAS 3.
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 4.0
