Versión Orixinal
Detrás da canción
"Swing Low, Sweet Chariot" é unha canción espiritual afroamericana e un dos himnos góspel máis coñecidos.
Orixinado nas primeiras tradicións orais e musicais afroamericanas, descoñécese a data en que foi composta.
Foi composta por Wallis Willis, (un antigo escravo afroamericano que se emancipou despois da Guerra Civil Norteamericana) nalgún momento despois de 1865.
As actuacións dos Hampton Singers e os Fisk Jubilee Singers fixeron posible que a canción chegase a un público máis amplo a finais do século XIX, escoitándose en máis ámbitos, non só no relixioso.
Os elementos estilísticos e o contido temático son moi propios dos doutros espirituais.
A canción interpretábase tradicionalmente como unha melodía de chamada e resposta.
Caracterízase polo uso da repetición como elemento poético clave, imaxes poderosas, retórica persoal e letras potencialmente codificadas.
A súa estrutura de forma libre permite intencionadamente a improvisación e os cambios provocados polo momento para levar aos intérpretes e ao público a un estado de éxtase.
A melodía é pentatónica (formada por 5 notas musicais).
A canción gozou dun rexurdimento durante a loita polos dereitos civís dos anos 60 e o renacemento folk; foi interpretada por varios artistas. Quizais a actuación máis famosa deste período foi a de Joan Baez durante o mítico festival de Woodstock de 1969.
O músico de rock británico Eric Clapton gravou unha versión reggae da canción para o seu álbum de estudo de 1975 There's One in Every Crowd que alcanzou varias listas de sinxelos, incluíndo Xapón, Holanda, Nova Zelanda e Reino Unido.
Extracto e tradución da Wikipedia
Ficheiro adxunto
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 4.0