Tarefas de Ampliación
PROPOSTA 1.- Ficha Técnica da canción
- Unha boa investigación musicolóxica require unha recollida e rexistro de información sobre a canción.
- Cubrindo esta ficha técnica sobre a canción "The Raggle Taggle Gypsy" profundizaremos no seu sentido e disfrutaremos moito máis escoitándoa e interpretándoa.
- Descarga a ficha facendo clic na libreta de arriba.
- Para realizar a investigación busca fontes de información diferentes e fiables como wikipedia, Internet Archive, o noso arranxo musical...
- Cando remates envía a ficha técnica cuberta por ENTREGA TAREFAS 3.
Ficheiros adxuntos
PROPOSTA 2.- Investigación Musicolóxica
1.- Coñecendo máis datos sobre "The Raggle Taggle Gypsy" e o seu entorno inmediato, comprenderemos o seu sentido e o seu momento histórico. Isto permitiranos conectar coñecementos e sensacións ampliando a nosa relación coa canción.
2.- Para a vosa investigación musicolóxica debedes escoller e centrarvos nalgún tema ou personaxe relevante que espertara a vosa curiosidade. Aquí propoñemos 3 opcións; podedes escoller unha ou propor vós outra diferente:
- Que é unha Antoloxía Musical? Características principais e exemplos diversos.
- The Waterboys. Historia da formación, estilo musical, discografía.
- Música tradicional escocesa. Características principais, instrumentación, obras musicais.
- Outro tema do voso interese relacionado con "The Raggle Taggle Gypsy".
3.- Para realizar a investigación buscade fontes de información diferentes e fiables como wikipedia, Internet Archive...
4.- Volcade os datos máis importantes nunha PRESENTACIÓN e enviádea por ENTREGA TAREFAS 3.
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 4.0
