Saltar navegación

Actividades de Reforzo

Escolle a opción correcta en cada apartado:

Pregunta

1.- Cal é a forma musical da canción “The Raggle Taggle Gypsy”?

Respostas

Rapsodia musical

Balada fronteiriza escocesa

Canon

Retroalimentación

Pregunta

2.- Esta canción foi popular en Gran Bretaña, Irlanda e América do Norte...

Respostas

espallada polos estudos universitarios

espallada pola tradición escrita

espallada pola tradición oral

Retroalimentación

Pregunta

3.- A canción aparece na antoloxía de F.J. Child “Baladas Populares Inglesas e Escocesas” que é...

Respostas

unha recopilación de baladas tradicionais de Inglaterra e Escocia, e as súas variantes americanas, recollidas durante a segunda metade do século XIX.

unha balada tradicional de Inglaterra e Escocia recollida durante a segunda metade do século XX.

unha recopilación de baladas tradicionais de Irlanda e Francia, e as súas variantes americanas, recollidas durante a segunda metade do século XIX.

Retroalimentación

Pregunta

4.- O tema da canción trata...

Respostas

dunha xitana que sae correndo para unirse a unha comunidade viaxeira

dunha señora rica que sae correndo para unirse a unha comunidade xitana viaxeira

dun señor rico que sae correndo para unirse a unha comunidade xitana viaxeira

Retroalimentación

Pregunta

5.- Unha das versións máis famosa e actual é ...

Respostas

a do grupo The Waterboys, unha banda formada en 1983 por músicos de Escocia, Inglaterra e Irlanda.

a do grupo The Waterboys, unha banda formada en 2000 por músicos de Escocia, Inglaterra e Irlanda.

a do grupo The Watergirls, unha banda formada en 1983 por músicos de Escocia, Inglaterra e Irlanda.

Retroalimentación

Pregunta

6.- O compás da nosa versión é:

Respostas

Compás ternario, 3/4

Compás binario, 2/4

Compás cuaternario, 4/4

Retroalimentación

Pregunta

7.- O comezo da melodía no noso arranxo musical ten unha característica especial:

Respostas

é unha anacruse, un grupo 2 semicorcheas sen acento, que preceden ao primeiro tempo forte da frase musical e que, polo tanto, aparecen antes da barra de compás.

é unha anacruse, un grupo 4 semicorcheas sen acento, que preceden ao primeiro tempo forte da frase musical e que, polo tanto, aparecen antes da barra de compás.

é unha anacruse, un grupo 3 semicorcheas sen acento, que preceden ao primeiro tempo forte da frase musical e que, polo tanto, aparecen antes da barra de compás.

Retroalimentación

Pregunta

8.- O ámbito (intervalo de notas comprendido entre a nota máis grave e a máis aguda) da melodía na voz é:

Respostas

de DO a MI’ (10ª)

de DO a FA’ (11ª)

de MI a FA#’ (9ª)

Retroalimentación

Pregunta

9.- A tonalidade principal do noso arranxo musical é:

Respostas

Mi menor, 1 sostido na armadura (Fa#) e último acorde da canción (Em)

Sol menor, 2 sostidos na armadura (Fa#, Do#) e último acorde da canción (Gm)

Sol Maior, 1 sostido na armadura (Fa#) e último acorde da canción (G)

Retroalimentación

Pregunta

10.- A CODA (última parte) da nosa versión ten unha característica especial...

Respostas

é rallentando, ampliación da “intensidade”, progresivamente máis forte

é rallentando, ampliación do “tempo”, progresivamente máis lento

é rallentando, redución do “tempo”, progresivamente máis rápido

Retroalimentación