Saltar navegación

Actividades de Reforzo

Escolle a opción correcta en cada apartado:

Pregunta

1.- Datos técnicos de "Danny Boy": lugar, data e autoría.

Respostas

Inglaterra, 1993, melodía tradicional inglesa e letra de Frederic Weatherly.

Francia, 1913, melodía tradicional francesa e letra de Frederic Weatherly.

Irlanda, 1913, melodía tradicional irlandesa e letra de Frederic Weatherly.

Retroalimentación

Pregunta

2.- Esta canción está ambientada na melodía tradicional irlandesa...

Respostas

“Parisderry Air”

“Londonderry Air”

"Novaderry Air"

Retroalimentación

Pregunta

3.- Jane Rose foi...

Respostas

unha folksong collector que recolleu a melodía popular irlandesa “Londonderry Air” no século XIX.

unha folksong collector que recolleu a melodía popular inglesa no século XX.

unha folksong collector que recolleu a melodía popular francesa no século XX.

Retroalimentación

Pregunta

4.- Esta melodía é ben coñecida en todo o mundo, sobre todo...

Respostas

na diáspora irlandesa estadounidense

na diáspora francesa estadounidense

na diáspora galega estadounidense

Retroalimentación

Pregunta

5.- Existen dúas versións para explicar o proceso de composición de “Danny Boy”. A primeira explica foi a cuñada de Frederic, Margaret Weatherly quen lle enviou unha copia de "Londonderry Air" en 1913, e Frederic modificou a letra de "Danny Boy" para adaptar a súa rima e métrica á nova melodía. Pero outra historia alternativa...

Respostas

é que Frederic non puxo o poema a ningunha melodía, senón que o seu pai fixo o poema en 1913 para a canción do "Londonderry Air" cando traballaba no ferrocarril irlandés.

é que Frederic non puxo o poema a ningunha melodía, senón que a súa cuñada Margaret Weatherly, fixo o poema en 1913 para a canción do "Londonderry Air" que ela escoitara cando era nena en California, interpretada polo seu pai e outros traballadores do ferrocarril irlandés.

é que Frederic non puxo o poema a ningunha melodía, senón que o seu irmán fixo o poema en 1913 para a canción do "Londonderry Air" que ela escoitara cando era nena en California, interpretada polo seu pai e outros traballadores do ferrocarril irlandés.

Retroalimentación

Pregunta

6.- O compás da canción é:

Respostas

Compás ternario, 3/4

Compás binario, 2/4

Compás cuaternario, 4/4

Retroalimentación

Pregunta

7.- O comezo da melodía no noso arranxo musical ten unha característica especial:

Respostas

é unha anacruse, un grupo 4 corcheas sen acento, que preceden ao primeiro tempo forte da frase musical e que, polo tanto, aparecen antes da barra de compás.

é unha anacruse, un grupo 3 corcheas sen acento, que preceden ao primeiro tempo forte da frase musical e que, polo tanto, aparecen antes da barra de compás.

é unha anacruse, un grupo 3 negras sen acento, que preceden ao primeiro tempo forte da frase musical e que, polo tanto, aparecen antes da barra de compás.

Retroalimentación

Pregunta

8.- O ámbito (intervalo de notas comprendido entre a nota máis grave e a máis aguda) da melodía na voz é:

Respostas

de RE a LA’ (12ª)

de DO a FA’ (11ª)

de DO a DO’ (8ª)

Retroalimentación

Pregunta

9.- A tonalidade principal do noso arranxo musical é:

Respostas

SOL Menor, 1 bemol na armadura (Sib) e último acorde da canción (Gm)

FA Maior, 1 bemol na armadura (Sib) e último acorde da canción (F)

LA Maior, 2 bemois na armadura (Sib, Mib) e último acorde da canción (A)

Retroalimentación

Pregunta

10.- Escoita a seguinte versión e escolle o estilo musical no que se inspira:

Respostas

rap

heavy metal

jazz

Retroalimentación