Saltar navegación

Actividades de Reforzo

Escolle a opción correcta en cada apartado:

Pregunta

1.- Datos técnicos de "Alexander's Ragtime Band": lugar, data e autoría.

Respostas

Estados Unidos, 1911, Irving Berlin

Estados Unidos, 1913, Irving Berlin

Estados Unidos, 1911, Scott Joplin

Retroalimentación

Pregunta

2.- A canción podería considerarse como unha secuela narrativa de:

Respostas

"Alexander and His Saxophone", que Berlin escribiu con Scott Joplin en 1910 e que trata principalmente dunha reconciliación entre un músico afroamericano chamado Alexander Adams e a súa chama Eliza Johnson, destacando tamén o estilo musical innovador de Alexander.

"Alexander and His Clarinet", que Berlin escribiu con Ted Snyder en 1910 e que trata principalmente dunha reconciliación entre un músico afroamericano chamado Alexander Adams e a súa chama Eliza Johnson, destacando tamén o estilo musical innovador de Alexander.

"Alexander and His Clarinet", que Berlin escribiu con Ted Snyder en 1913 e que trata principalmente dunha reconciliación entre un músico afroamericano chamado Alexander Adams e a súa chama Eliza Johnson, destacando tamén o estilo musical innovador de Alexander.

Retroalimentación

Pregunta

3.- Tras o seu lanzamento inicial...

Respostas

a canción de Berlin en 1911 "vendeu menos de mill copias de partituras". Da noite para a mañá, Berlin converteuse nun referente musical e cultural a evitar.

a canción de Berlin en 1913 "vendeu un millón de copias de partituras" e "outro millón en 1914, e continuou vendendo durante anos despois". Da noite para a mañá, Berlin converteuse nun referente musical e cultural.

a canción de Berlin en 1911 "vendeu un millón de copias de partituras" e "outro millón en 1912, e continuou vendendo durante anos despois". Da noite para a mañá, Berlin converteuse nun referente musical e cultural.

Retroalimentación

Pregunta

4.- En 1927:

Respostas

a cantante de jazz Bessie Smith gravou unha versión que se converteu nunha das cancións exitosas dese ano.

a cantante de rap Bessie Smith gravou unha versión que se converteu nunha das cancións exitosas dese ano.

a cantante de vodevil Emma Carus gravou unha versión que se converteu nunha das cancións exitosas dese ano.

Retroalimentación

Pregunta

5.- Houbo alegacións de apropiación fraudulenta desta canción, é dicir, de plaxio:

Respostas

Alegouse que Berlin roubou as catro notas de "oh, ma honey" dos borradores de "Mayflower Rag" e "A Real Slow Drag" do prolífico compositor Louis Armstrong.

Alegouse que Berlin roubou as catro notas de "oh, ma honey" dos borradores de "Mayflower Rag" e "A Real Slow Drag" do prolífico compositor Scott Joplin.

Alegouse que Joplin roubou as catro notas de "oh, ma honey" dos borradores de "Mayflower Rag" e "A Real Slow Drag" do prolífico compositor Irving Berlin.

Retroalimentación

Pregunta

6.- O compás da canción é:

Respostas

Compás ternario, 3/4

Compás binario, 2/4

Compás cuaternario, 4/4

Retroalimentación

Pregunta

7.- O comezo da melodía no noso arranxo musical ten unha característica especial:

Respostas

é unha anacruse, un grupo 3 corcheas sen acento, que preceden ao primeiro tempo forte da frase musical e que, polo tanto, aparecen antes da barra de compás.

é unha anacruse, un grupo 4 corcheas sen acento, que preceden ao primeiro tempo forte da frase musical e que, polo tanto, aparecen antes da barra de compás.

é unha anacruse, un grupo 4 negras sen acento, que preceden ao primeiro tempo forte da frase musical e que, polo tanto, aparecen antes da barra de compás.

Retroalimentación

Pregunta

8.- O ámbito (intervalo de notas comprendido entre a nota máis grave e a máis aguda) da melodía na voz é:

Respostas

de DO a FA’ (11ª) , dentro da tesitura de voz baixo

de DO a FA’ (11ª) , dentro da tesitura de voz soprano e mezosoprano

de DO a DO’ (8ª) , dentro da tesitura de voz baixo

Retroalimentación

Pregunta

9.- A tonalidade principal do retrouso da canción orixinal (e do noso arranxo musical) é:

Respostas

FA menor, 1 bemol na armadura (Sib) e último acorde da canción (Fm)

Sol Maior, 1 bemol na armadura (Sib) e último acorde da canción (G)

FA Maior, 1 bemol na armadura (Sib) e último acorde da canción (F)

Retroalimentación

Pregunta

10.- Escoita a seguinte versión e escolle a instrumentación que soa:

Respostas

Big band (orquestra sinfónica), voz solista masculina

Big band (orquestra de Jazz)

Big band (cuarteto de Jazz), voz solista feminina

Retroalimentación