Saltar navegación

Actividades de Reforzo

Escolle a opción correcta en cada apartado:

Pregunta

1.- Datos técnicos de "Auld Lang Syne": lugar, data e autoría.

Respostas

Escocia, 1788, música tradicional e letra de Robert Burns.

Estados Unidos, 1988, música tradicional e letra de Robert Burns.

Xapón, 1678, música tradicional e letra de Robert Burns.

Retroalimentación

Pregunta

2.- "Auld Lang Syne" en escocés significa...

Respostas

“como estás?”, “tomamos algo?”.

“hai moito tempo”, “polos vellos tempos”.

“temos que vernos”, “feliz Aninovo”.

Retroalimentación

Pregunta

3.- A canción adoita empregarse...

Respostas

en momentos solemnes, alguén se despide, comeza ou remata unha longa viaxe no tempo, un funeral, ao final das reunións de Aninovo...

en momentos solemnes como vodas e bautizos.

en momentos divertidos...

Retroalimentación

Pregunta

4.- A canción foi traducida a moitos idiomas e cantadas en países do Leste porque...

Respostas

a súa escala pentatónica coincide coas escalas utilizadas en Corea, Xapón, India, China e outros países asiáticos, o que facilitou a súa "nacionalización".

a súa escala heptatónica coincide coas escalas utilizadas en Corea, Xapón, India, China e outros países asiáticos, o que facilitou a súa "nacionalización".

a súa escala cromática coincide coas escalas utilizadas en Corea, Xapón, India, China e outros países asiáticos, o que facilitou a súa "nacionalización".

Retroalimentación

Pregunta

5.- A canción converteuse nun elemento básico para as bandas sonoras de películas desde os inicios do cine ata a actualidade debido a...

Respostas

forte mensaxe e asociación da canción e a súa melodía coas vodas e o Nadal.

forte mensaxe e asociación da canción e a súa melodía coas despedidas e para evocar o Aninovo.

forte mensaxe e asociación da canción e a súa melodía coas vodas e bautizos e para evocar o Aninovo.

Retroalimentación

Pregunta

6.- O compás da canción é:

Respostas

Compás ternario, 3/4

Compás binario, 2/4

Compás cuaternario, 4/4

Retroalimentación

Pregunta

7.- O primeiro compás do noso arranxo musical ten unha característica especial:

Respostas

é unha anacruse, un grupo de 3 negras sen acento, que preceden ao primeiro tempo forte da frase musical e que, polo tanto, aparecen antes da barra de compás.

é unha anacruse, unha negra sen acento, que preceden ao primeiro tempo forte da frase musical e que, polo tanto, aparecen antes da barra de compás.

é unha anacruse, un grupo de 2 negras sen acento, que preceden ao primeiro tempo forte da frase musical e que, polo tanto, aparecen antes da barra de compás.

Retroalimentación

Pregunta

8.- O ámbito (intervalo de notas comprendido entre a nota máis grave e a máis aguda) da melodía na voz é:

Respostas

de DO a FA’ (11ª)

de DO a RE’ (9ª)

de DO a DO’ (8ª)

Retroalimentación

Pregunta

9.- As 5 notas da melodía pentatónica da nosa versión (na voz) son:

Respostas

DO, RE, FA, SOL, LA

DO, RE, MI, FA, SOL

DO, RE, FA, SOL, SI

Retroalimentación

Pregunta

10.- Escoita a seguinte versión e escolle a instrumentación que soa:

Respostas

Big band (orquestra sinfónica), voz solista feminina

Big band (orquestra de Jazz), voz solista masculina

Big band (cuarteto de Jazz)

Retroalimentación