Versión Orixinal
Detrás da canción
"The Raggle Taggle Gypsy" é unha canción popular tradicional que se orixinou como unha balada fronteiriza escocesa e que foi popular en Gran Bretaña, Irlanda e América do Norte, espallada pola tradición oral.
Considérase unhas das baladas infantís máis xeneralizada entre as comunidades de fala inglesa.
A canción aparece na antoloxía de F.J. Child “Baladas Populares Inglesas e Escocesas” (ou “Child Ballads”): son 305 baladas tradicionais de Inglaterra e Escocia, e as súas variantes americanas, recollidas durante a segunda metade do século XIX. Trátase de melodías, letras e os estudos de Child sobre elas.
O tema da canción trata dunha señora rica que sae correndo para unirse a unha comunidade xitana viaxeira (The gypsies).
Ás veces, isto débese a que os xitanos a encantaron co seu canto ou mesmo lle fixeron un feitizo..jpg)
Nunha versión típica, o señor volve á casa para atopar que a súa dama "foi coa muller xitana"; séguea no seu acabalo e cando a atopa pídelle que volva a casa, preguntando: "Abandonarías ao teu marido e ao teu fillo?" Ela négase a regresar: en moitas versións prefire o chan frío ("Que me importan as túas finas sabas de plumas?") e a compañía da xitana á riqueza e ao bonito leito do seu señor.
Por razóns obvias, a canción foi durante moito tempo a favorita dos membros da comunidade viaxeira.
Centos de versións da canción sobreviviron na tradición oral máis de 200 anos, ata ben entrado o século XX, e foron gravadas por folcloristas de cantantes tradicionais.
Unha das versións máis famosa e actual é a do grupo The Waterboys, unha banda formada en 1983 por músicos de Escocia, Inglaterra e Irlanda.
A súa música pasou dende unha fusión de folk celta ata o rock'n'roll, sempre cun estilo moi persoal. Foi no seu quinto álbum Room to Room (1990) onde gravaron a súa versión deste tema tradicional. O seu gran éxito fixo que se lle chamara ao grupo “A banda do Raggle Taggle”.
Extracto e tradución da Wikipedia
Ficheiro adxunto
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 4.0