Saltar navegación

Actividades de Reforzo

Escolle a opción correcta en cada apartado:

Pregunta

1.- Datos técnicos de "Waltzing Matilda": lugar, data e autoría.

Respostas

Australia, 2005, música de Christina Macpherson e letra de “Banjo” Paterson.

Australia, 1895-1903, música de Christina Macpherson e letra de “Banjo” Paterson.

Australia, 2005, música de “Banjo” Paterson e letra de Christina Macpherson.

Retroalimentación

Pregunta

2.- Esta canción está desenvolvida no estilo...

Respostas

Bush Ballad, estilo de poesía e música popular que representa a vida, o carácter e a paisaxe do bosque australiano.

Bush Ballad, estilo de poesía e música popular que representa a vida, o carácter e a paisaxe do bosque americano.

Bush Ballad, estilo de poesía e música popular que representa a vida, o carácter e a paisaxe do bosque xaponés.

Retroalimentación

Pregunta

3.- Os temas das Bush Ballad soen ser...

Respostas

secas, inundacións, vida na fronteira, relacións entre xaponeses indíxenas e non indíxenas...

secas, inundacións, vida na fronteira, relacións entre americanos indíxenas e non indíxenas...

secas, inundacións, vida na fronteira, relacións entre australianos indíxenas e non indíxenas...

Retroalimentación

Pregunta

4.- En argot australiano, o título refírese a...

Respostas

viaxar a pé coas súas pertenzas nunha tenda de campaña colgada sobre as costas.

viaxar a cabalo coas súas pertenzas nunha tenda de campaña colgada sobre as costas.

viaxar en carro coas súas pertenzas nunha tenda de campaña colgada sobre as costas.

Retroalimentación

Pregunta

5.- A canción narra a seguinte historia:

Respostas

un vagabundo acampa unha noite xunto a unha lagoa. Unha ovella vén a beber auga e o vagabundo róubaa para comer. O propietario dáse conta e chama a tres policías para que o deteñan. O vagabundo, antes de ser detido polo roubo da ovella, prefire botarse á auga e afogarse. A canción remata contando que a pantasma do vagabundo se escoita cantar unha canción que invita aos viaxeiros a bailar con el, é dicir, a saír aos camiños e viaxar a pé.

un vagabundo acampa unha noite xunto a unha lagoa. Unha vaca vén a beber auga e o vagabundo róubaa para comer. O propietario dáse conta e chama a tres policías para que o deteñan. O vagabundo, antes de ser detido polo roubo da vaca, prefire botarse á auga e afogarse. A canción remata contando que a pantasma do vagabundo se escoita cantar unha canción que invita aos viaxeiros a bailar con el, é dicir, a saír aos camiños e viaxar a cabalo.

un vagabundo acampa unha noite xunto a unha lagoa. Unha cabra vén a beber auga e o vagabundo róubaa para comer. O propietario dáse conta e chama a tres policías para que o deteñan. O vagabundo, antes de ser detido polo roubo da cabra, prefire botarse á auga e afogarse. A canción remata contando que a pantasma do vagabundo se escoita cantar unha canción que invita aos viaxeiros a bailar con el, é dicir, a saír aos camiños e viaxar a cabalo.

Retroalimentación

Pregunta

6.- A súa popularidade estendeuse ata...

Respostas

ter o seu propio museo (o Waltzing Matilda Center) e ser descrita coma o "himno nacional non oficial" de Xapón.

ter o seu propio museo (o Waltzing Matilda Center) e ser descrita coma o "himno nacional non oficial" de América.

ter o seu propio museo (o Waltzing Matilda Center) e ser descrita coma o "himno nacional non oficial" de Australia.

Retroalimentación

Pregunta

7.- O compás da nosa versión é:

Respostas

compás binario, 2/4

compás ternario, 3/4

compás cuaternario, 4/4

Retroalimentación

Pregunta

8.- O ámbito (intervalo de notas comprendido entre a nota máis grave e a máis aguda) da melodía na voz é:

Respostas

de RE a SOL’ (11ª)

de DO a FA’ (11ª)

de DO a DO’ (8ª)

Retroalimentación

Pregunta

9.- A tonalidade principal do noso arranxo musical é:

Respostas

SI Maior, 1 sostido na armadura (Fa#) e último acorde da canción (B)

Sol menor, 2 sostidos na armadura (Fa#, Do#) e último acorde da canción (Gm)

Sol Maior, 1 sostido na armadura (Fa#) e último acorde da canción (G)

Retroalimentación

Pregunta

10.- A estrutura da nosa versión é:

Respostas

Intro – Estrofa 1 – Retrouso – Instrumental – Estrofa 2 – Retrouso

Intro – Estrofa 1 – Retrouso – Estrofa 2 – Retrouso - Estrofa 3 - CODA

Estrofa 1 – Retrouso – Estrofa 2 – Estrofa 3

Retroalimentación