Saltar navegación

Tarefas de Ampliación

PROPOSTA 1.- Ficha Técnica da canción

ficha_tecnica

- Unha boa investigación musicolóxica require unha recollida e rexistro de información sobre a canción.

- Cubrindo esta ficha técnica sobre a canción "Auld Lang Syne"  profundizaremos no seu sentido e disfrutaremos moito máis escoitándoa e interpretándoa.

- Descarga a ficha facendo clic na libreta de arriba.

- Para realizar a investigación busca fontes de información diferentes e fiables como wikipedia, Internet Archive, o noso arranxo musical...

- Cando remates envía a ficha técnica cuberta por ENTREGA TAREFAS 3.

PROPOSTA 2.- Investigación Musicolóxica

1.- Coñecendo máis datos sobre "Auld Lang Syne" e o seu entorno inmediato, comprenderemos o seu sentido e o seu momento histórico. Isto permitiranos conectar coñecementos e sensacións ampliando a nosa relación coa canción.

2.- Para a vosa investigación musicolóxica debedes escoller e centrarvos nalgún tema ou personaxe relevante que espertara a vosa curiosidade. Aquí propoñemos 3 opcións; podedes escoller unha ou propor vós outra diferente:

  1. As escalas pentatónicas e a música tradicional.
  2. A música e as súas mensaxes.
  3. Bandas Sonoras. A importancia da música no cine.
  4. Outro tema do voso interese relacionado con "Aud lang Sine".

3.- Para realizar a investigación buscade fontes de información diferentes e fiables como wikipedia, Internet Archive...

4.- Volcade os datos máis importantes nunha PRESENTACIÓN e enviádea por ENTREGA TAREFAS 3.