Saltar navegación

Versión Orixinal

Detrás da canción

"Scarborough Fair" é unha canción popular tradicional inglesa de autoría descoñecida.


A forma musical tal como a coñecemos data do século XII. O nome Scarborough Fair, fai referencia á Feira de Scarborough, que en tempos medievais representaba un dos maiores puntos de referencia comercial de toda Inglaterra, cun enorme mercado que se prolongaba durante 45 días a partir do 15 de agosto.

A famosa melodía foi recollida en 1947 por Ewan MacColl (cantautor de folk inglés) de Mark Anderson (1874–1953), un mineiro xubilado do condado de Durham (Inglaterra).


A miúdo cántase en forma de dueto coas voces masculinas e femininas ao unísono.
Está composta sobre o Modo Dórico, típico da música medieval inglesa.


A canción trata sobre un rapaz que foi abandonado pola súa moza.
O texto invita ao oínte, dado o caso que fora á feira de Scarborough, a pedirlle á súa antiga amada que se quere que el volva a crer no seu amor, faga cousas imposibles como: facerlle unha camisa de liño sen costuras, acadar un terreo entre a praia e a auga, arar cun corno ou plantar un campo enteiro cun só gran de pementa.
No segundo verso de cada estrofa repítense as palabras: perexil, salvia, romeu, e tomiño, constituíndo un motivo clave na canción que probablemente representen simbolicamente as cualidades que o cantante quere que tanto el coma súa amada teñan para facer posible a súa volta. Outra posible explicación de que se repiten estas plantas ao longo da canción, é a crenza de que con estas herbas podíase fabricar unha poción de amor moi popular durante a Idade Media.

É unha canción moi versionada por múltiples artistas e grupos no século XX, a máis coñecida pode ser a versión do dúo de folk rock dos anos 60 Simon & Garfunkel. O grupo de folk galego Luar na Lubre tamén fixo a súa versión titulada “Romeiro ao lonxe”.

Extracto e tradución da Wikipedia