Section outline
-
-
As estratexias de aprendizaxe e recursos didácticos fundamentais para acadar unha aprendizaxe exitosa nesta materia son:
1º. ATENCIÓN e PARTICIPACIÓN PROACTIVA nas sesións de traballo na aula demostrada coa elaboración de composicións e corrección voluntaria das mesmas nas sesións presenciais.
2º. Libro de texto de referencia para o alumnado: Historia de España, en Galego, 2023.
Utilizarase como complemento e ampliación do traballo nas sesións presenciais.
3º. Presentacións dixitais e outros recursos dispoñibles neste curso virtual.
-
Podes descargar a programación didáctica da materia na que se especifican os contidos, metodoloxías, instrumentos e procedementos de avaliación entre outros apartados específicos da mesma.
-
Descarga este documento no que se explicitan os instrumentos de cualificación que aplicaremos para valorar as aprendizaxes do alumnado nesta materia, os procedementos para a recuperación da mesma e o cálculo das "notas" sin redondeo algún nas avaliacións parciais.
Recoméndase que descarguedes este documento para telo co
-
Publicamos neste cartafol as rúbricas que se utilizarán para avaliar as preguntas correspontes aos textos con erros (bloque 1), ás comparacións (bloque 2 dos contidos da PAU da CIUG) e aos comentarios de documentos históricos (bloques 2, 3 e 4 deses mesmos contidos).
-
Materiais e recursos didácticos para a aprendixaze dos contidos curriculares da materia Historia de España de 2º curso de Bach.
-
Consultade este video e os artigos cuxa ligazón xuntamos para introducirvos nas grandezas e nos problemas do artellamento histórico do estado español:
-
sobre as grandezas de España e a súa situación actual comparando con outros estados europeos.- Artigo do profesor Borja de Riquer (Catedrático de Hª Contemporánea na U. Autónoma de Barcelona) titulado "a historia dun país normal, mais non tanto" sobre a evolución histórica do Estado Español e s súas reflexións, conversando co profesor Ramón Villares (Catedrático de Hª Contemporánea na USC) sobre política e historia na España recente.
-
Consulta a entrevista a Andreas Schleicher (director de Educación da OCDE e coordinador dos informes PISA) e procura as claves da aprendizaxe da Historia para un cidadán actual
-
Neste espazo virtual podes consultar e descargar os materiais que utilizaremos nas sesións de reforzo da materia Historia de España, pero RECOMENDAMOS IR AO CURSO ESPECÍFICO titulado Materiais para reforzo de Hª de España curso 2025/26
-
Propomos a análise de tres mapas para reforzar os vosos coñecementos sobre a organización política e económica da Hispania romanizada salientando:
- As características da integración da Península Ibérica nos circuitos mercantís do imperio romano.
- A división dunha provincia en conventus e civitas: o caso da Galaecia no noroeste de Hispania.
- A ocupación de Hispania por suevos e visigodos entre os séculos V e VIII da era común
-
Partindo da información do documento que xuntamos elabora un mapa conceptual sobre os obxectivos, as características e as consecuencias das políticas aplicadas por Isabel de Castela e Fernando de Aragón durante o seu reinado a nivel interno e internacional, salientando a importancia das mesmas a medio e longo prazo.
-
-
As probas da PAU son un instrumento de avaliación externa do sistema educativo, baseado na equidade e na calidade, para garantir a igualdade de oportunidades para todo o alumnado galego.
O sitio virtual da CIUG e, nomeadamente, a bitácora do G.T. desta materia da CIUG ofrece circulares e rúbricas coas instrucións para a preparación exitosa das probas desta materia para cada convocatoria. Xuntamos abaixo:
1º. A circular informativa máis recente do GT de Hª de España coas orientacións para o curso 2026/27 (é un documento de referencia para preparar a materia ao longo do curso).
2º. As rúbricas nas que especifican os criterios de cualificación das probas para orientar ao alumnado na súa elaboración.
3º. Os modelos de exame semellantes ao que resolveredes na convocatoria ordinaria da PAU ou na extraordinaria e, tamén, aos desta materia durante o curso actual.
Ademais, na bitácora do grupo descríbense con detalle:
4º. Os contidos temáticos comprendidos nesa proba da PAU desta materia
5º. Orientacións e recomendacións para respostar correctamente as probas e as rúbricas que as avaliarán, recursos bibliográficos e TIC para preparar as composicións e respostar con precisión aos conceptos e preguntas concretas.
- Textos por temas e épocas recomendados polos grupo de traballo desta materia (CIUG): De Historia siglo XX e do IES Grabriel Miró de Orihuela.
-
Xuntamos o cadro descriptor dos contidos da proba da materia Historia de España nas PAU que está dispoñible no sitio virtual do grupo de traballo da CIUG
-
A bitácora do G.T. da materia da CIUG ofrece a circular orientativa da profesora coordinadora para preparar a proba deste curso 2026/27.
-
-
Abordaremos as características básicas da herdanza da romanización da Península Ibérica no que atinxe á integración económica, social, política e administrativa de Hispania na civilización romana: organización do territorio en provincias e municipios comunicados mediante unha rede viaria que confluía nos principais portos peninsulares, unha estrutura social cunha crecente mestizaxe (hispanorromanos), un sistema legal e unhas formas de xestión económica do territorio que xa marcaron a evolución posterior (tríade mediterranea, rotacións, latifundios) e, finalmente, un sincretismo cultural que antecede o multiculturalismo das tres relixións na Idade Media peninsular.
-
Os romanos procuraron aliados en Iberia fronte aos Barca cartaxineses durante a segunda guerra púnica
-
A expansión dos romanos, xermanos e hispanocristiáns estivo condicionada pola orografía peninsular pois cordais e ríos dificultaban o avance dos que descoñecían eses territorios e serviron de defensa ás comunidades que habitaban neles.
-
Produciuse durante o sec. II e I no contexto da expansión romana no Mediterráneo.
-
A romanización implicou a aplicación da organización política e administrativa, económica e social de Roma aos pobos dominados que asimilaron, tamén, a cultura romana caracterizada xa polo sincretismo coas outras ribeireñas do Mediterráneo
-
Presentación dixital da profesora Herminia Pernas sobre o proceso de conquista e aculturación dos pobos peninsulares por Roma entre os séculos III a.C. e V da nosa era.
-
A presenza de xudeos da Diáspora foi anterior á dos cristiáns na Hispania romana. De feito, as fontes históricas desminten as orixes apostólicas desas primeiras comunidades cristiáns e apuntan á expansión dende a provincia Mauritania norteafricana
-
Para preparar a 1ª parte do 1º exame da materia utiliza a información deste cartafol para elaborar un mapa conceptual sintetizando as consecuencias da romanización para a Península Ibérica nos seguintes ámbitos:
1. Político-administrativo: división provincial, en conventus e municipia coas principais funcións de cada institución.
2. Económicas: difusión dos tres cultivos mediterráneos, explotación mineira, artellamento do territorio mediante unha rede viaria de calzadas para favorecer o comercio exportador.
3. Sociais e culturais: mestizaxe entre lexionarios e nativas, establecemento de comunidades hebraicas, aculturación no Latín e no coñecemento grecorromano, difusión do cristianismo.
-
As características do territorio (orografía, dispoñibilidade de solo agrícola e fertilidadade do mesmo) e do clima (precipitacións sobre todo) condicionaron os asentamentos dos grupos musulmáns acostumados a unha economía agropastoril típica das sociedades mediterráneas. Por iso apenas se estableceron nas rexións atlánticas norteñas nas que xurdiron os primeiros núcleos de resistencia hispanocristiá.
-
Utiliza os contidos deste cartafol para elaborar un mapa conceptual sobre as características da ocupación do territorio peninsular polos pobos xermanos dende o século V ata o VIII. Compara o sistema político e os procesos de integración de suevos e visigodos salientando as consecuencias dos mesmos para a poboación hispanorromana.
-
-
2. A diversidade étnica e cultural na Península dende Al Andalus ata as crises baixomedievais (ss. VI-XV)
A evolución política, económica e social da Península Ibérica entre a serodia idade antiga e mediados do século XV caracterizouse por:
a) A diversidade étnica e cultural tanto en Al Andalus (hispanos mozarabe e muladies, sefardíes, bereberes norteafricanos, eslavos, árabes etc) como nos reinos hispanocristiáns segundo foron conquistando territorios das taifas hispanomusulmás e incorporaron poboación mourisca (mudexar) e sefardí.
b) Unha economía artesanal, comercial e cunha agricultura especializada en Ál Andalus, continuando a da Bética baixorromana, e outra preferentemente agraria e gandeira nos reinos hispanocristiáns ata o aumento do comercio nas vilas dos cos camiños a Santiago e nas feiras. Os latifundios cerealeiros e a Mesta determinarán a economía de Castela dende a plena Idade Media.
c) A expansión comercial e política do reino de Aragón, Cataluña, Valencia e Mallorca polo Mediterraneo central (sur de Italia) e oriental.
d) a unificación dos reinos occidentais pola coroa de Castela e León e o fortalecemento da monarquía ao remate da crise baixo medieval.
-
O estado tributario andalusí converteuse no máis rico e poderoso do Mediterráneo oriental herdando a economía mediterránea da Bética, que desenvolveu con novas técnicas e cultivos, fomentando a artesanía e o comercio e incorporando a diversos grupos étnicos musulmáns (bereberes, sirios, eslavos, árabes), xudeos e hispanos (mozárabes e muladíes conversos ao Islam)
-
Esta presentación dixital ofrece unha síntese da evolución política de Al Andalus, as características da sociedade andalusí (hispano musulmá), as súas estruturas económicas e o esplendor que acadou na alta idade media.
-
O enfrontamento entre cristiáns e musulmáns agravouse durante os secs. XI e XII coas Cruzadas, que fracasaron no proxecto de controlar Jerusalem, e coa expansión cristiá sobre os territorios andalusíes (a denominada Reconquista do vello reino visigodo). Iso provocou a reacción musulmana en todo o Mediterráneao: fatimies en Exito e, sucesivamente, almoravides e almohades que pasaron a Al Aldalus para reunificar as taifas hispanomusulmás e frear o avance cristián, evidente dende 1085 coa toma de Toledo por Afonso VI de León e Castela.
-
Foi o derradeiro estado independente dos hispanomusulmáns na Península Ibérica. Sobreviviu mercé a concentración de poboación no territorio protexido polos cordais béticos, que era vasalo do reino de León e Castela ao que fornecía importantes tributos derivados da riqueza artesanal e comercial dos granadinos. Esas parias e as crises políticas e sociais do século XIV e XV explican a pervivencia do emirato nazarí ata 1492.
-
Este presentación dixital elaborada pola profesora Pernas Oroza sintetiza as características esenciais da evolución demográfica, económica, política e social dos reinos peninsulares durante os séculos XIV e XV. É un bo recurso para preparar eses contidos para a 1ª proba da materia.
-
Completa os teus apuntamentos das sesións presenciais coas informacións que fornecen os materiais que se xuntan neste cartafol elaborando un mapa conceptual sobre as características das crises (demográfica, económica, social e política) dende mediados do século XIV e a súa incidencia desigual nos reinos hispanocristiáns peninsulares. Servirache para preparar este contido para a 1ª proba da materia.
-
A evolución histórica da sociedade asentada no territorio dos antigos reinos de Castela-León e Cataluña-Aragón-Valencia e Baleares experimentou transformacións substanciais a partires do derradeiro cuarto do século XV como consecuencia das medidas reformadoras e unificadoras aplicadas polos Reis Católicos.
A herdanza do trono polo seu neto Carlos instaura a monarquía dos Habsburgo sobre un imperio complexo (ss. XVI e XVII) que se gobernou co sistema polisinodial e enfrountouse a Franza pola hexemonía en Europa.
Neste módulo ofrecemos recursos e prácticas para comprender mellor este longo e apaixoante período do pasado colectivo dos españois.
-
Descarga no teu equipo o documento que xuntamos e respostao correctamente como práctica preparatoria da 1ª proba da materia no curso actual
-
A orixe etnocultural do almirante Cristovo Colón é un tema controvertido que ten merecido ensaios rigorosamente documentados e, tamén literatura variada.
O documental emitido pola RTVE sobre as orixes de Colón serviu para avivar unha discusión que apunta ao mundo dos conversos, sefardíes ou non, que posuían os coñecementos e as relacións que facilitaron a realización do proxecto colombino.
-
A vida e o goberno de Carlos de Gante, fillo de Xoana de Castela e de Felipe de Habsburgo que herdou os reinos dos avós maternos (coroas de Castela-León... e de Aragón-Cataluña...) estivo fondamente marcada polas relacións que mantivo con diferentes mulleres
Nomedamente coa súa dona a raiña Isabel, unha princesa portuguesa neta de Isabel "a católica" que foi a raiña rexente da coroa de Castela durante as numerosas ausencias do seu marido a causa das guerras de relixión en Alemania.A morte da raiña Isabel durante un parto
desfixo anímicamente ao emperador Carlos quen abdicou o goberno dos territorios alemáns no seu irmán Fernando e os da coroa hispánica no seu fillo Felipe. -
Descarga esta práctica no teu equipo, analiza de vagar os documentos que ofrece e procura respostala correctamente na túa libreta.
-
Descarga esta práctica no teu equipo e resposta as cuestións que se propoñen do xeito que se indica. Analiza con especial detemento os textos sobre as Leis de Indias e que recolle o discurso do presidente Evo Morales argumentando a explotación colonial de América polos europeos e, nomeadamente, pola Coroa de Castela. Contrasta esa análise coa información dispoñible no libro de texto e na sesión presencial dedicada ao tema.
-
Descarga esta práctica no teu equipo e resólvea como se require. Resposta os tres apartados de cada pregunta nun máximo de 20 minutos como entrenamento para realizar a 2ª proba escrita desta avaliación.
-
-
Xuntamos unha presentación dixital sobre a crise do Antigo Réxime en España e o establecemento do Estado Liberal de Dereito durante o século XIX.
-
Esta infografía elaborada por persoas expertas da U. de Cádiz describe o desenvolvemento e o resultado da batalla de Trafalgar
-
Este resumo da batalla de Trafalgar explica a estratexia de Nelson e as consecuencias da batalla na que se perderon 27 dos mellores buques da Marina Real española.
-
Descarga este arquivo no teu equipo e analiza a importancia da Carta Outorgada por José I Bonaparte en Bayonne aos seus súbditos españois.
-
Este documental elaborado polo equipo que coordina José María Cardesín, catedrático de Hª dos Movementos Sociais na U. da Coruña, explica a natureza da protesta popular e da violencia colectiva desatada a consecuencia da ocupación francesa de España dende maio de 1808 ata 1914.
Para saber máis sobre o tema, escoitade a entrevista concedida polo profesor Cardesín ao programa o Trasteiro da Historia:
-
Esta presentación dixital sintetiza as características das tres etapas de reinado de Fernando VII
-
Descarga esta práctica no teu equipo e resposta por escrito no teu caderno. Correxirase na aula na 1ª semana de febreiro de 2026
-
-
Neste espazo virtual dispós de guías para desenvolver a análise reflexiva de documentos históricos (textos, imaxes, táboas de datos, etc) utilizando o contido dos mesmos na elaboración de textos argumentativos nas preguntas de comparación de etapas ou procesos históricos e nos comentarios específicos sobre eses documentos.
-
Neste cartafol dispondes dunha guía para a análise e comentario de gráficas e táboas de datos e dun exemplo resolto sobre a composición sociolóxica dos deputados das Cortes de Cádiz.
-
Publicamos neste cartafol as rúbricas que se utilizarán para avaliar as preguntas correspontes ás comparacións (bloque 2 dos contidos da PAU da CIUG) e aos comentarios de documentos históricos (bloques 2, 3 e 4 deses mesmos contidos).
-
-
Descarga no teu equipo e realiza correctamente esta práctica sobre as causas, os obxectivos, as características e consecuencias económicas, políticas e sociais das desamortizacións efectuadas no contexto da formación do Estado Liberal de Dereito na primeira metade do século XIX, como actividade preparatoria da 2ª proba escrita desta 2ª avaliación da materia Historia de España.
-
Propomos a realización desta práctica como preparación da proba escrita correspondente. Lembra que debes desenvolver os seguintes apartados, ademais dos indicados específicamente no documento:
- Identificación do tema.
- Contextualización do documento.
- Comentario do proceso histórico / tema que se reflicte no documento
-
-
Xuntamos unha presentación elaborada pola profesora Herminia Pernas que sintetiza as características do sistema político liberal da Restauración, a súa evolución e as razóns da súa crise final ante a incapacidade para democratizarse e frear os intereses das elites políticas locais.
-
Descarga esta práctica no teu equipo e utilízaa para preparar os contidos referidos ao sistema político da Restauración con especial atención ao funcionamento do clientelismo e das redes políticas dos diferentes patróns ou próceres do sistema
-
Nesta práctica fornecemos unha extensa serie de artigos coetáneos e de interpretacións de expertos sobre as causas, características e consecuencias das prácticas fraudulentas e corruptas que alicerzaron o sistema político da Restauración.
Realizar esta práctica é unha boa preparación para a proba escrita correspondente a esta parte da materia.
-
O encasillado e a fraude electoral sistemática alicerzada na connivencia dos gobernos da quenda dinástica coas redes clientelares locais e provinciais permitiu unha etapa de orde política que favoreceu o progreso económico ata o desastre de 1898. Foi o comezo das críticas e propostas rexeneracionistas daquel sistema liberal que non foi quen de democratizarse e padeceu unha longa crise durante as dúas primeiras décadas do século XX.
Son as cuestións que debes desenvolver na proposta de composición que xuntamos nesta práctica.
-
Propomos un exercizo de repaso para analizar as dinámicas políticas da Restauración dende o ámbito local de Noia e o seu distrito electoral.
-
Resolve esta práctica, entregada en papel nas sesións presenciais, como se require nas cuestións propostas aplicando os coñecementos específicos traballados nas sesións presenciais que dedicamos a este tema.
-
Descarga esta táboa no teu equipo e utilízaa, xunto cos apuntamentos das sesións presenciais dedicadas a este tema e os contidos do libro de texto, nas páxinas indicadas nesas mesmas sesións presenciais, para preparar a pregunta correspondente da listaxe da PAU
-
Descarga esta práctica no teu equipo e respóndea como se indica nas cuestións que orientan o uso dos documentos.
-
Este artigo do profesor Santos Juliá propón reflexións acaídas sobre a vella (?) cuestión nacional na organización política do Estado español.
-
-
-
Xuntamos unha presentación dixital que sintetiza a evolución da economía por rexións e sectores dende mediados do século XIX.
Resultan evidentes os contrastes entre as persistencias do sector primario e as mudanzas no secundario a escala rexional ou mesmo na costa galega.
os desaxustes entre a poboación e os recursos actuaron como factor de expulsión de milleiros de persoas que marcharon a América atraídos polas oportunidades de emprego e mellores condicións de vida que difundía a prensa, os axentes de embarque e as novas que mandaban por carta os emigrantes aos membros das súas redes sociais.
-
Este cartafol contén mapas que axudan a entender mellor as diferenzas rexionais nos procesos de industrialización e mercantilización agrícola durante a segunda metade do sec. XIX.
-
Explica a racionalidade económica e política da construción da rede ferroviaria española partindo dos mapas que fornecemos e no contexto político e tecnolóxico da segunda metade do sec. XIX.
-
A serie documental titulada Balance del S. XX dirixida polo profesor Iñaki Iriarte Goñi é unha magnífica síntese da evolución económica e social durante a pasade centuria. Estruturase nos seguintes capítulos descargables dende o sitio virtual que ofrece a canle Youtube. Recomendovos o visionado dos 2 primeiros capítulos desa serie sobre a historia económica de España para preparar os contidos referidos a eses temas:
4. Economía e democracia (1931-1936).
(1º franquismo)dos anos sesenta -
O documental Carrilanos describe as condicións de traballo e as características técnicas da liña ferrocarrileira Zamora-Ourense-Coruña:
-
Realiza e entrega unha das 2 prácticas que seguen (9.3 ou 9.4) para que sexa corrixida e valoradas para esta avaliación. Lembra que non se trata de copiar e pegar contidos do libro ou dos resumes dispoñibles nesta mesma aula virtual ou en calquera outro repositorio, senón de utilizar eses materiais xunto cos documentos que se ofrecen nas propias tarefas para respostar con precisión e rigor ás cuestións que se propoñen naquelas.
-
Explica as características da rede ferroviaria española, os obxectivos económicos e políticos cos que foi construida e os resultados acadados, partindo dos mapas e documentos que xuntamos nesta práctica.
-
Xuntamos unha proposta de mapas e documentos textuais para elaborar unha composición sobre as características da economía das rexións españolas e a súa evolución durante a segunda metade do século XIX.
-
Xuntamos unha presentación que ofrece as características básicas da evolución social e económica da España liberal decimonónica con atención ás diferenzas rexionais e ás consecuencias sociais dos procesos de industrialización, nomeadamente as migracións campo-cidade dentro do territorio español e alén do mar.
-
A aula virtual da profesora Pernas Oroza ofrece varios documentais breves sobre os procesos desamortizadores na España liberal.
Prestando unha atención especial aos deseñados por Mendizabale Madoz para fomentar o desenvolvemento da mineríaa industrialización e ferrocarrilque favoreceron as migracións ás cidades españolas e americanas dende mediados do sec. XIX: migracións.Ademais doutros documentais dedicados ao movemento obreiro internacional
a mobilización obreirista en Españaao pistoleirismo ao servizo da patronale a folga xeral de 1917:. -
É evidente na pintura realista, nas fotos e na literatura naturalista coetánea ao desenvolvemento da industrialización e ao aumento das familias obreiras nas cidades e vilas das rexións máis industrializadas de España.
-
A presenza feminina foi maioritaria en moitas actividades industriais, como o sector textil ou o conserveiro, e importante noutras. O mesmo aconteceu entre o proletariado agrícola de diversas rexións españolas.
Esculca as imaxes deste cartafol e elabora un cadro indicando que actividades desenvolven as mulleres que aparecen en cada imaxe, as datas e a provincia correspondente. Despois analiza eses datos e elabora unhas conclusións relevantes sobre a importancia da man de obra feminina na economía española da etapa da Restauración.
-
Elabora unha composición sobre as causas, as características e as consecuencias da emigración a América na época da Restauración partindo dos documentos que propomos para que fundamentes neles a túa argumentación. Debes salientar:
1. As causas deses fluxos migratorios, o perfil dos emigrantes e os principais destinos americanos entre mediados do século XIX e 1930.
2. As consecuencias positivas e negativas deses fluxos internacionais de man de obra a escala demográfica, económica, social e cultural: a importancia das remesas particulares e colectivas na modernización económica das rexións con forte emigración de retorno como Asturias ou Galicia.
3. A pegada da emigración na politización das sociedades de orixe a través das sociedades de instrucción e da actuación dos americanos retornados.
-
A serie documental sobre a pegada dos indianos que está dispoñible na RTVG á carta describe ben o protagonismo que tiveron varios arxentinos e cubanos que retornaron a Galicia con capitais e iniciativa abondo para desenvolveren actividades innovadoras na industria e noutros sectores da economía galega dende finais do século XIX e ata 1936.
-
O teatro e a música foron espazos para a denuncia das desigualdades sociais froito da explotación laboral das persoas traballadoras por conta allea.
Sirvan como exemplo os coñecidos "Monólogo do vello traballador"
do grupo noiés Os Tamara e o "Vals do obreiro" do grupo Ska-PRecomendamos a escoita atenta de ambas as dúas letras para reflexionar sobre a importancia das reivindicacións das organizacións obreiristas na mellora das condicións de traballo e de vida das xentes do común.
-
Os datos sobre a evolución histórica do PSOE e da UXT que podedes consultar nos sitios virtuais de dúas fundacións que axudan a entender a relevancia desas dúas organizacións socialistas (marxistas dende as súas orixes a finais do sec. XIX ata os anos setenta do século pasado) na construción dunha sociedade máis solidaria, xusta e democrática aplicando unha praxe socialdemócrata fronte as estratexias revolucionarias da CNT.
A fundación Pablo Iglesias ofrece exposicións e conferencias.
A Fundación Francisco Largo Caballero ofrece exposicións e publicacións.
-
Podedes entregar unha das dúas tarefas que seguen, centradas nas consecuencias sociais da industrialización: condicións de vida e de traballos nas xentes do común, formas de sociabilidade e de protesta, organizacións obreiras e ideoloxías que alicerzaron esa mobilización do proletariado na españa da segunda metade do século XIX.
Lembrade que non se trata de copiar e pegar contidos do libro de texto, dos resumes dispoñibles nesta mesma aula virtual nin, moito menos, doutros repositorios na Rede, senón de respostar dun xeito preciso e argumentado ás cuestións que se propoñen nesas prácticas usando os datos dos documentos que se xuntan nelas.
-
Elabora unha composición sobre os diferentes grupos sociais, as condicións laborais e de vida e as relacións entre negocios e política na época da Restauración partindo dos documentos que propomos para que fundamentes neles a túa argumentación. Debes salientar:
1. As fortes diferenzas nas condicións de traballo, alimentación e vivenda das xentes do común (grupos sociais populares) e das elites rurais e urbanas, partindo das imaxes que xuntamos.
2. O empeoramento da situación económica dos sectores populares pola presión fiscal, as levas militares, os baixos salarios e a inflacción dende 1914 como causa das protestas sociais contra os gobernos da quenda dinástica (a Semana Tráxica, os motins antifiscais) e o auxe das organizacións obreiras.
3. A evolución das formas de organización e protesta dos obreiros industriais e agrícolas.
4. As formas de sociabilidade dese grupo de propietarios, empresarios e innovadores e a importancia que tiveron nela os balnearios, casinos e círculos mercantís.
-
Os documentos que xuntamos nesta práctica fornecen unha panorámica sobre as condicións laborais e vitais das familias obreiras na España da Restauración. Eran a causa estrutural das súas reivindicacións de mellora usando diversas formas de organización e instrumentos de protesta no contexto da expansión das ideoloxías socialisas marxista e libertaria dende 1870 ata 1936.
-
-
-
Documental da serie Memoria de España dispoñibles en TVE á carta: a época de Afonso XIII
-
As pescudas recentes salientan os aspectos máis tráxicos da guerra levada a cabo polo exército colonial español (africanistas) en Marrocos, con frecuentes masacres perpetradas contra a poboación civil que apoiaba a Aldelkrim Al Jatabi ou simpatizaban coa súa loita pola liberdade das xentes do Rif, e bombardeos da aviación española con armas químicas sobre esa poboación, antes e despois do sonado Desastre de Annual.
-
Elabora unha composición sobre as características e as consecuencias do asociacionismo agrarista na Galicia da Restauración usando os documentos que xuntamos no PDF. Debes salientar:
1. A composición social, os obxectivos e os logros das diferentes organizacións agraristas: Solidariad Gallega, Unión Campesiña, Directorio Antiforista de Teis e Liga Agrarista de Acción Gallega.
2. A composición das sociedades agrarias e sindicatos católicos e as súas achegas á mercantilización das explotacións a través da mecanización, o cooperativismo de compra e de venda e a especialización produtiva.
3. As consecuencias desa interacción osmótica entre sociedades agrarias, sociedades microterritoriais dos emigrados e os novos actores sociais na politización da Galicia rural da época a través da loita antiforal e anticaciquil no marco rexeneracionista oposto á quenda canovista.
-
O capítulo 1 da serie As leis de Celavella retrata ben a composición da sociedade vilega de Galicia nos anos vinte do século pasado.
-
Descarga no teu equipo o docto que xuntamos sobre os niveis de corrupción e incompetencia extendidos entre os ministros, amigos e compañeiros de armas de Primo de Rivera segundo explica o prestixioso hispanista británico Paul Preston na súa recente monografía titulada Un pueblo traicionado, incompetencia política y división social en España desde 1874 hasta el presente (Debate, 2019).
-
Descarga no teu equipo esta práctica, sobre a crise do sistema político liberal durante o reinado de Afonso XIII e a posterior crise económica e social dende 1917 e resolveas como se indica nas cuestións propostas.
-
Explica as causas, características e consecuencias da intervención española en Marrocos e da ditadura de Primo de Rivera. Usa como proba da túa argumentación os datos extraídos das imaxes e documentos que xuntamos e do visionado dos documentais dispoñibles na canle Youtube:
1. "O abrente do século XX" O abrente do século XX e "os felices anos Vinte" os felices anos Vinte da serie documental Balance do séc. XX: cen anos de economía española: Balance do século XX: cen anos de economía española
2. Arrhash (veleño):
de Javier Rada e Tarik Al Idrissi.3. O documental sobre o lider rifeño Abd El Krim
Debes salientar.
1. As causas internas da crise da Restauración: as mobilizacións obreiras, as demandas nacionalistas e as organizacións sindicais e políticas marxinadas do sistema político da quenda dinástica.
2. A intervención española en Marrocos como causa do golpe de Estado de Primo de Rivera: causas, características e obxectivos desa acción de protectorado.
3. A resposta dos diversos grupos sociais e organizacións políticas ante o novo réxime.
4. As medidas de rexeneracionismo político e intervencionismo económico do Directorio e as razóns do relativo éxito ou fracaso de cada unha delas.
5. A resposta sociopolítica á institucionalización do réxime primorriverista dende 1925 e e as consecuencias económicas e políticas da ditadura primorriverista.
-
-
As diversas modalidades da represión sobre a poboación na retagarda, para neutralizala mediante e terror, a fame e miseria derivadas da aplicación da política autárquica e a corrupción do persoal político vencellado coas prácticas de mercado negro (o estraperlo) marcaron a longuísima posguerra (1939-1957) da primeira fase da ditadura, como teñen demostrado as investigacións das persoas expertas durante as últimas décadas.
Este cartafol ofrece artigos referidos a eses temas concretos para introducir a análise máis vagarosa que desenvolveremos nas sesións presenciais.
-
Podedes consultar na canle youtube, en castelán ou en francés o documental de Alberto Marquardt sobre a compañía Nueve da división Leclerc, formada por veteranos combatentes antifascistas españois que participaron na campaña de África contra Rommel e bautizaron os seus carros blindados e vehículos mecanizados con nomes alusivos á Guerra Civil española, como 'Madrid', 'Guernica' ou 'Guadalajara'.
Foron a primeira unidade do exército aliado que entrou en París o 24 de agosto de 1944. Capturaron aos mandos alemáns evitando que cumplisen a orde de destruir a cidade que transmitira Hitler desde Berlín. Despois, formaron parte da ofensiva en Alsacia e do definitivo asalto en Alemania contra o 'Niño de Águias' de Hitler.
Encadrados na Nueve, morreron máis de mil heroicos republicanos españois na loita contra o fascismo. Trátase dunha historia case descoñecida, tanto en España como en Francia, porque a historia oficial francesa espallou o silencio e o esquecemento sobre a participación española na Resistance contra o nazismo e na liberación de París ata a recente inauguración dun monumento de lembranza á Nueve en París.
Alberto Marquardt, director arxentino afincado en Francia, interesouse en 2002 pola epopea da Nueve como exemplo da necesidade de restablecer a verdade histórica. Conseguiu montar a produción con magníficas imaxes de arquivo e entrevistas a dous supervivintes.
-
-
Aínda que, en xeral, a novela histórica é un mal sucedáneo do ensaio histórico rigoroso e mesmo dos libros de texto, certas obras literarias son un recurso axeitado para adentrarse no coñecemento das características básicas das sociedades históricas. Nomeadamente a magnífica novela realista (os Episodios Nacionais ou Fortunata y Jacinta de d. Benito Pérez Galdós) e naturalista (La tribuna de don Emilia Pardo Bazán), e novelas históricas cando teñen unha ambientación histórica de calidade como por exemplo, Hombres buenos e El asedio de Pérez Reverte ou as de J. Sanchez Adalid ambientadas na sociedade andalusí da alta idade media.
O diálogo máis fertil entre Historia e Literatura deuse no xénero da biografía como demostrou a profesora Isabel Burdiel coas súas magníficas biografías de ISabel II e de Concepción Arenal. Dita catedrática reflexionou sobre o tema nunha conferencia impartida no Consello da Cultura Galega que tendes dispoñible nesta ligazón.