Section outline
-
-
- Os CONTIDOS fundamentais para a recuperación das dúas probas correspondentes á primeira avaliación son os correspondentes aos temas 1 ata o 6, incluídos, do 1º bloque de contidos da PAU coa mesma distribución interna que para as dúas probas escritas realizadas ao longo da avaliación.
- Recoméndase traballar con rigor as prácticas preparatorias desas probas que se entregaron nas sesións presenciais.
- Titorías para resolver dúbidas puntuais: 2º periodo de descanso dos luns, martes e venres dende as 12:30 ata as 12:45.
-
As estratexias de aprendizaxe e recursos didácticos fundamentais para acadar unha aprendizaxe exitosa nesta materia son:
1º. ATENCIÓN e PARTICIPACIÓN PROACTIVA nas sesións de traballo na aula demostrada coa elaboración de composicións e corrección voluntaria das mesmas nas sesións presenciais.
2º. Libro de texto de referencia para o alumnado: Historia de España, en Galego, 2023.
Utilizarase como complemento e ampliación do traballo nas sesións presenciais.
3º. Presentacións dixitais e outros recursos dispoñibles neste curso virtual.
-
Publicamos no arquivo xunto as rúbricas que se aplicarán para cualificar as probas escritas realizadas polo alumnado de 2º curso de Bacharelato durante o curso 2025/26.
Están elaboradas partindo da programación didáctica da materia presentada xa á supervisión de inspección e tendo en conta as rúbricas publicadas polo grupo de traballo desta mesma materia da CIUG que elabora as probas da PAU.
-
-
Materiais e recursos didácticos para a aprendixaze dos contidos curriculares da materia Historia de España de 2º curso de Bach.
-
Consultade este video e o artigo que xuntamos para introducirvos nas grandezas e nos problemas históricos do artellamento do estado español.
sobre as grandezas de España e a súa situación actual comparando con outros estados europeos. -
Consulta a entrevista a Andreas Schleicher (director de Educación da OCDE e coordinador dos informes PISA) e procura as claves da aprendizaxe da Historia para un cidadán actual
-
Neste espazo virtual podes consultar e descargar os materiais que utilizaremos nas sesións de reforzo da materia Historia de España.
-
Propomos a análise de tres mapas para reforzar os vosos coñecementos sobre a organización política e económica da Hispania romanizada salientando:
- As características da integración da Península Ibérica nos circuitos mercantís do imperio romano.
- A división dunha provincia en conventus e civitas: o caso da Galaecia no noroeste de Hispania.
- A ocupación de Hispania por suevos e visigodos entre os séculos V e VIII da era común
-
Partindo da información do documento que xuntamos elabora un mapa conceptual sobre os obxectivos, as características e as consecuencias das políticas aplicadas por Isabel de Castela e Fernando de Aragón durante o seu reinado a nivel interno e internacional, salientando a importancia das mesmas a medio e longo prazo.
-
As probas da PAU son un instrumento de avaliación externa do sistema educativo, baseado na equidade e na calidade, para garantir a igualdade de oportunidades para todo o alumnado galego.
O sitio virtual da CIUG e, nomeadamente, a bitácora do G.T. desta materia da CIUG ofrece circulares e rúbricas coas instrucións para a preparación exitosa das probas desta materia para cada convocatoria. Xuntamos abaixo:
1º. A circular máis recente do GT de Hª de España coas orientacións para o curso 2025/26 (é un documento de referencia para preparar a materia ao longo do curso).
2º. As rúbricas nas que especifican os criterios de cualificación das probas para orientar ao alumnado na súa elaboración.
3º. Os modelos de exame semellantes ao que resolveredes na convocatoria ordinaria da PAU ou na extraordinaria e, tamén, aos desta materia durante o curso actual.
4º. Os contidos temáticos comprendidos nesa proba da PAU desta materia
5º. Orientacións e recomendacións para respostar correctamente as probas e as rúbricas que as avaliarán, recursos bibliográficos e TIC para preparar as composicións e respostar con precisión aos conceptos e preguntas concretas.
- Textos por temas e épocas recomendados polos grupo de traballo desta materia (CIUG): De Historia siglo XX e do IES Grabriel Miró de Orihuela.
-
Xuntamos o cadro descriptor dos contidos da proba da materia Historia de España nas PAU que está dispoñible no sitio virtual do grupo da CIUG
-
A bitácora do G.T. da materia da CIUG ofrece a circular orientativa da profesora coordinadora para preparar a proba deste curso 2025/26.
-
-
-
Abordaremos as características básicas da herdanza da romanización da Península Ibérica no que atinxe á integración económica, social, política e administrativa de Hispania na civilización romana: organización do territorio en provincias e municipios comunicados mediante unha rede viaria que confluía nos principais portos peninsulares, unha estrutura social cunha crecente mestizaxe (hispanorromanos), un sistema legal e unhas formas de xestión económica do territorio que xa marcaron a evolución posterior (tríade mediterranea, rotacións, latifundios) e, finalmente, un sincretismo cultural que antecede o multiculturalismo das tres relixións na Idade Media peninsular.
-
Os romanos procuraron aliados en Iberia fronte aos Barca cartaxineses durante a segunda guerra púnica
-
A expansión dos romanos, xermanos e hispanocristiáns estivo condicionada pola orografía peninsular pois cordais e ríos dificultaban o avance dos que descoñecían eses territorios e serviron de defensa ás comunidades que habitaban neles.
-
Produciuse durante o sec. II e I no contexto da expansión romana no Mediterráneo.
-
A romanización implicou a aplicación da organización política e administrativa, económica e social de Roma aos pobos dominados que asimilaron, tamén, a cultura romana caracterizada xa polo sincretismo coas outras ribeireñas do Mediterráneo
-
A presenza de xudeos da Diáspora foi anterior á dos cristiáns na Hispania romana. De feito, as fontes históricas desminten as orixes apostólicas desas primeiras comunidades cristiáns e apuntan á expansión dende a provincia Mauritania norteafricana
-
Utiliza a información que xuntamos neste cartafol para elaborar un mapa conceptual sintetizando as consecuencias da romanización para a Península Ibérica nos seguintes ámbitos:
1. Político-administrativo: división provincial, en conventus e municipia coas principais funcións de cada institución.
2. Económicas: difusión dos tres cultivos mediterráneos, explotación mineira, artellamento do territorio mediante unha rede viaria de calzadas para favorecer o comercio exportador.
3. Sociais e culturais: mestizaxe entre lexionarios e nativas, establecemento de comunidades hebraicas, aculturación no Latín e no coñecemento grecorromano, difusión do cristianismo.
-
As características do territorio (orografía, dispoñibilidade de solo agrícola e fertilidadade do mesmo) e do clima (precipitacións sobre todo) condicionaron os asentamentos dos grupos musulmáns acostumados a unha economía agropastoril típica das sociedades mediterráneas. Por iso apenas se estableceron nas rexións atlánticas norteñas nas que xurdiron os primeiros núcleos de resistencia hispanocristiá.
-
Utiliza os contidos deste cartafol para elaborar un mapa conceptual sobre as características da ocupación do territorio peninsular polos pobos xermanos dende o século V ata o VIII. Compara o sistema político e os procesos de integración de suevos e visigodos salientando as consecuencias dos mesmos para a poboación hispanorromana.
-
-
2. A diversidade étnica e cultural na Península dende Al Andalus ata as crises baixomedievais (ss. VI-XV)
A evolución política, económica e social da Península Ibérica entre a serodia idade antiga e mediados do século XV caracterizouse por:
a) A diversidade étnica e cultural tanto en Al Andalus (hispanos mozarabe e muladies, sefardíes, bereberes norteafricanos, eslavos, árabes etc) como nos reinos hispanocristiáns segundo foron conquistando territorios das taifas hispanomusulmás e incorporaron poboación mourisca (mudexar) e sefardí.
b) Unha economía artesanal, comercial e cunha agricultura especializada en Ál Andalus, continuando a da Bética baixorromana, e outra preferentemente agraria e gandeira nos reinos hispanocristiáns ata o aumento do comercio nas vilas dos cos camiños a Santiago e nas feiras. Os latifundios cerealeiros e a Mesta determinarán a economía de Castela dende a plena Idade Media.
c) A expansión comercial e política do reino de Aragón, Cataluña, Valencia e Mallorca polo Mediterraneo central (sur de Italia) e oriental.
d) a unificación dos reinos occidentais pola coroa de Castela e León e o fortalecemento da monarquía ao remate da crise baixo medieval.
-
O estado tributario andalusí converteuse no máis rico e poderoso do Mediterráneo oriental herdando a economía mediterránea da Bética, que desenvolveu con novas técnicas e cultivos, fomentando a artesanía e o comercio e incorporando a diversos grupos étnicos musulmáns (bereberes, sirios, eslavos, árabes), xudeos e hispanos (mozárabes e muladíes conversos ao Islam)
-
O enfrontamento entre cristiáns e musulmáns agravouse durante os secs. XI e XII coas Cruzadas, que fracasaron no proxecto de controlar Jerusalem, e coa expansión cristiá sobre os territorios andalusíes (a denominada Reconquista do vello reino visigodo). Iso provocou a reacción musulmana en todo o Mediterráneao: fatimies en Exito e, sucesivamente, almoravides e almohades que pasaron a Al Aldalus para reunificar as taifas hispanomusulmás e frear o avance cristián, evidente dende 1085 coa toma de Toledo por Afonso VI de León e Castela.
-
Foi o derradeiro estado independente dos hispanomusulmáns na Península Ibérica. Sobreviviu mercé a concentración de poboación no territorio protexido polos cordais béticos, que era vasalo do reino de León e Castela ao que fornecía importantes tributos derivados da riqueza artesanal e comercial dos granadinos. Esas parias e as crises políticas e sociais do século XIV e XV explican a pervivencia do emirato nazarí ata 1492.
-
Elabora un mapa conceptual sobre as características das crises (demográfica, económica, social e política) dende mediados do século XIV e a súa incidencia desigual nos reinos hispanocristiáns peninsulares.
Completa os teus apuntamentos das sesións presenciais coas informacións que fornecen os materiais que se xuntan neste cartafol.
-
A evolución histórica da sociedade asentada no territorio dos antigos reinos de Castela-León e Cataluña-Aragón-Valencia e Baleares experimentou transformacións substanciais a partires do derradeiro cuarto do século XV como consecuencia das medidas reformadoras e unificadoras aplicadas polos Reis Católicos.
A herdanza do trono polo seu neto Carlos instaura a monarquía dos Habsburgo sobre un imperio complexo (ss. XVI e XVII) que se gobernou co sistema polisinodial e enfrountouse a Franza pola hexemonía en Europa.
Neste módulo ofrecemos recursos e prácticas para comprender mellor este longo e apaixoante período do pasado colectivo dos españois.
-
Descarga no teu equipo o documento que xuntamos e respostao correctamente como práctica preparatoria da 1ª proba da materia no curso actual
-
Descarga esta práctica no teu equipo, analiza de vagar os documentos que ofrece e procura respostala correctamente na túa libreta.
-
Descarga esta práctica no teu equipo e resposta as cuestións que se propoñen do xeito que se indica. Analiza con especial detemento os textos sobre as Leis de Indias e que recolle o discurso do presidente Evo Morales argumentando a explotación colonial de América polos europeos e, nomeadamente, pola Coroa de Castela. Contrasta esa análise coa información dispoñible no libro de texto e na sesión presencial dedicada ao tema.
-
Descarga esta práctica no teu equipo e resólvea como se require. Resposta os tres apartados de cada pregunta nun máximo de 20 minutos como entrenamento para realizar a 2ª proba escrita desta avaliación.
-
A economía, a sociedade e o estado modernizáronse durante o século XVIII mercé ás políticas reformistas aplicadas polos ministros ilustrados da dinastía dos Borbón e malia as resistencias de boa parte das elites soiais como veremos nas sesións presenciais utilizando o libro de texto e os materiais que xuntamos neste módulo deste curso virtual.
-
Xuntamos a presentación dixital elaborada pola profesora Pernas Oroza para iniciar o estudo das reformas político-administrativas, económicas e sociais na España do século XVIII
-
Propomos unha serie de documentos para explicar as características da nova planta política e administrativa introducida polos Borbón en España.
Descargaa no teu equipo ou imprimea, elabora unha composición manuscrita respostando con precisión e rigor ás cuestións requeridas e entrégaa, voluntariamente, como exercicio de comprobación dos treus coñecementos sobre o tema.
-
A chegada de emprendedores da costa catalana cunha nova arte de pesca (a xávega), mellores sistemas de prensado do peixe e de organización do traballo favoreceu a expansión dos almacéns de salga nas rías galegas dende mediados do século XVIII.
Eles optimizaron esa despensa salgada que eran as costas galegas, enfrontándose ao clero local ao negárense a pagar o décimo e merecendo as críticas dos ilustrados galegos porque, ao cabo, eran un grupo inmigrante que competiu con éxito coas elites locais como se explica neste documental da serie Historias de Galicia cuxo visionado recomendamos
Xuntamos un cartafol con imaxes que permiten entender mellor o proceso de salgado e prensado do peixe antes de metelo nos tabais nos que era enviado aos mercados mediterráneos e do interior de España durante o século XIX e parte do XX.
-
O aumento da demanda de produtos elaborados a partires do coiro fomentou a expansión de curtidurías a carón de ríos en comarcas gandeiras, que fornecían a materia prima, e con abundancia de carballos porque a casca destas árbores aportaba o tanino imprescindible para curtir eses pelexos.
Por iso artesáns de orixe vascofrancesa foron establecendo unha rede de curtidurías dende Verín (os Harguindey), ata Caldas de Reis (os Legerén), Betanzos (os Etxeverría), Santiago de Compostela ou Noia, documentada, no seu día, polas pescudas de Xoán Carmona e outros historiadores da economía de Galicia dende o século XVIII.
Para saber máis:
- Consulta na rede a información sobre esas curtidurías,
- Visita vrtualmente o museo do coiro de Allariz
- Descarga no teu equipo as imaxes deste cartafol que che ensinarán como era o traballo nesas instalacións protoindustriais.
- Consulta na biblioteca do IES o libro de Pedro García Vidal, a Noia da memoria, con información precisa sobre as curtidurías en Noia.
-
Descarga esta práctica no teu equipo e respondea utilizando os materiais que se xuntan nela, como preparación da cuestión 10ª da PAU: o papel da muller na España moderna.
-
Aínda que, en xeral, a novela histórica é un mal sucedáneo do ensaio histórico rigoroso e mesmo dos libros de texto, certas obras literarias son un recurso axeitado para adentrarse no coñecemento das características básicas das sociedades históricas. Nomeadamente a magnífica novela realista (os Episodios Nacionais ou Fortunata y Jacinta de d. Benito Pérez Galdós) e naturalista (La tribuna de don Emilia Pardo Bazán), e novelas históricas cando teñen unha ambientación histórica de calidade como por exemplo, Hombres buenos e El asedio de Pérez Reverte ou as de J. Sanchez Adalid ambientadas na sociedade andalusí da alta idade media.
O diálogo máis fertil entre Historia e Literatura deuse no xénero da biografía como demostrou a profesora Isabel Burdiel coas súas magníficas biografías de ISabel II e de Concepción Arenal. Dita catedrática reflexionou sobre o tema nunha conferencia impartida no Consello da Cultura Galega que tendes dispoñible nesta ligazón.