Section outline
-
Xuntamos presentacións dixitais para repasar as características demográficas, económicas, políticas e sociais do denominado Antigo Réxime polos revolucionarios franceses e, posteriormente, polos liberais no abrente do século XIX.
-
Nesta unidade temática analizaremos as características do proceso industrializador desenvolvido durante o século XIX (sectores, fases, estados...) e as consecuencias económicas e sociais desa "revolución industrial" que mudou as sociedades contemporáneas ata o presente.
-
O desenvolvemento tecnolóxico, económico e demográfico facilitou a dominación colonial de África e Asia polos estados europeos ao tempo que a expansión dos Estados Unidos en América e de Rusia en Asia. Configuraron imperios que choraron na guerra comezada en 1914.
-
Durante o mes de febreiro analizaremos as causas, as características e, sobre todo, as consecuencias demográficas, económicas, políticas e sociais da grande guerra europea de 1914 que rematou afectando a boa parte do mundo ata 1918 e foi, ademais, o desencadeante inmediato da revolución soviética na Rusia zarista da cal resultou un novo sistema político e económico (a ditadura comunista cunha economía planificada) que foi central na evolución política do século XX ata o fracaso do bloque soviético na década de 1980.
-
-
-
Lede estes apuntamentos na fin de semana do 1º de maio para traballar con eles nas sesións presenciais da 1ª semana de maio.
-
Descarga esta presentación dixital no teu equipo e utilízaa para preparar os contidos correspondentes ao tema.
-
Descarga esta práctica no teu equipo e resolve correctamente as tarefas que se propoñen nela como preparación da proba escrita que realizaremos na 1ª semana de xuño.
-
Descarga esta práctica no teu equipo e resolve correctamente as tarefas que se propoñen nela
-