A expansión das curtidurías dende o século XVIII
Requisitos do completado
O aumento da demanda de produtos elaborados a partires do coiro fomentou a expansión de curtidurías a carón de ríos en comarcas gandeiras, que fornecían a materia prima, e con abundancia de carballos porque a casca destas árbores aportaba o tanino imprescindible para curtir eses pelexos.
Por iso artesáns de orixe vascofrancesa foron establecendo unha rede de curtidurías dende Verín (os Harguindey), ata Caldas de Reis (os Legerén), Betanzos (os Etxeverría), Santiago de Compostela ou Noia, documentada, no seu día, polas pescudas de Xoán Carmona e outros historiadores da economía de Galicia dende o século XVIII.
Para saber máis:
- Consulta na rede a información sobre esas curtidurías,
- Visita vrtualmente o museo do coiro de Allariz
- Descarga no teu equipo as imaxes deste cartafol que che ensinarán como era o traballo nesas instalacións protoindustriais.
- Consulta na biblioteca do IES o libro de Pedro García Vidal, a Noia da memoria, con información precisa sobre as curtidurías en Noia.