Section outline

  • Aínda que, en xeral, a novela histórica é un mal sucedáneo do ensaio histórico rigoroso e mesmo dos libros de texto, certas obras literarias son un recurso axeitado para adentrarse no coñecemento das características básicas das sociedades históricas. Nomeadamente a magnífica novela realista (os Episodios Nacionais ou Fortunata y Jacinta de d. Benito Pérez Galdós) e naturalista (La tribuna de don Emilia Pardo Bazán), e novelas históricas cando teñen unha ambientación histórica de calidade como por exemplo, Hombres buenos e El asedio de Pérez Reverte ou as de J. Sanchez Adalid ambientadas na sociedade andalusí da alta idade media.

    O diálogo máis fertil entre Historia e Literatura deuse no xénero da biografía como demostrou a profesora Isabel Burdiel coas súas magníficas biografías de ISabel II e de Concepción Arenal. Dita catedrática reflexionou sobre o tema nunha conferencia impartida no Consello da Cultura Galega que tendes dispoñible nesta ligazón.