Section outline
-
-
Documental da serie Memoria de España dispoñibles en TVE á carta: a época de Afonso XIII
-
As pescudas recentes salientan os aspectos máis tráxicos da guerra levada a cabo polo exército colonial español (africanistas) en Marrocos, con frecuentes masacres perpetradas contra a poboación civil que apoiaba a Aldelkrim Al Jatabi ou simpatizaban coa súa loita pola liberdade das xentes do Rif, e bombardeos da aviación española con armas químicas sobre esa poboación, antes e despois do sonado Desastre de Annual.
-
Elabora unha composición sobre as características e as consecuencias do asociacionismo agrarista na Galicia da Restauración usando os documentos que xuntamos no PDF. Debes salientar:
1. A composición social, os obxectivos e os logros das diferentes organizacións agraristas: Solidariad Gallega, Unión Campesiña, Directorio Antiforista de Teis e Liga Agrarista de Acción Gallega.
2. A composición das sociedades agrarias e sindicatos católicos e as súas achegas á mercantilización das explotacións a través da mecanización, o cooperativismo de compra e de venda e a especialización produtiva.
3. As consecuencias desa interacción osmótica entre sociedades agrarias, sociedades microterritoriais dos emigrados e os novos actores sociais na politización da Galicia rural da época a través da loita antiforal e anticaciquil no marco rexeneracionista oposto á quenda canovista.
-
O capítulo 1 da serie As leis de Celavella retrata ben a composición da sociedade vilega de Galicia nos anos vinte do século pasado.
-
Descarga no teu equipo o docto que xuntamos sobre os niveis de corrupción e incompetencia extendidos entre os ministros, amigos e compañeiros de armas de Primo de Rivera segundo explica o prestixioso hispanista británico Paul Preston na súa recente monografía titulada Un pueblo traicionado, incompetencia política y división social en España desde 1874 hasta el presente (Debate, 2019).
-
Descarga no teu equipo esta práctica, sobre a crise do sistema político liberal durante o reinado de Afonso XIII e a posterior crise económica e social dende 1917 e resolveas como se indica nas cuestións propostas.
-
Explica as causas, características e consecuencias da intervención española en Marrocos e da ditadura de Primo de Rivera. Usa como proba da túa argumentación os datos extraídos das imaxes e documentos que xuntamos e do visionado dos documentais dispoñibles na canle Youtube:
1. "O abrente do século XX" O abrente do século XX e "os felices anos Vinte" os felices anos Vinte da serie documental Balance do séc. XX: cen anos de economía española: Balance do século XX: cen anos de economía española
2. Arrhash (veleño):
de Javier Rada e Tarik Al Idrissi.3. O documental sobre o lider rifeño Abd El Krim
Debes salientar.
1. As causas internas da crise da Restauración: as mobilizacións obreiras, as demandas nacionalistas e as organizacións sindicais e políticas marxinadas do sistema político da quenda dinástica.
2. A intervención española en Marrocos como causa do golpe de Estado de Primo de Rivera: causas, características e obxectivos desa acción de protectorado.
3. A resposta dos diversos grupos sociais e organizacións políticas ante o novo réxime.
4. As medidas de rexeneracionismo político e intervencionismo económico do Directorio e as razóns do relativo éxito ou fracaso de cada unha delas.
5. A resposta sociopolítica á institucionalización do réxime primorriverista dende 1925 e e as consecuencias económicas e políticas da ditadura primorriverista.