Section outline
-
Destacado
A economía, a sociedade e o estado modernizáronse durante o século XVIII mercé ás políticas reformistas aplicadas polos ministros ilustrados da dinastía dos Borbón e malia as resistencias de boa parte das elites soiais como veremos nas sesións presenciais utilizando o libro de texto e os materiais que xuntamos neste módulo deste curso virtual.
-
Xuntamos a presentación dixital elaborada pola profesora Pernas Oroza para iniciar o estudo das reformas político-administrativas, económicas e sociais na España do século XVIII
-
Propomos unha serie de documentos para explicar as características da nova planta política e administrativa introducida polos Borbón en España.
Descargaa no teu equipo ou imprimea, elabora unha composición manuscrita respostando con precisión e rigor ás cuestións requeridas e entrégaa, voluntariamente, como exercicio de comprobación dos treus coñecementos sobre o tema.
-
A chegada de emprendedores da costa catalana cunha nova arte de pesca (a xávega), mellores sistemas de prensado do peixe e de organización do traballo favoreceu a expansión dos almacéns de salga nas rías galegas dende mediados do século XVIII.
Eles optimizaron esa despensa salgada que eran as costas galegas, enfrontándose ao clero local ao negárense a pagar o décimo e merecendo as críticas dos ilustrados galegos porque, ao cabo, eran un grupo inmigrante que competiu con éxito coas elites locais como se explica neste documental da serie Historias de Galicia cuxo visionado recomendamos
Xuntamos un cartafol con imaxes que permiten entender mellor o proceso de salgado e prensado do peixe antes de metelo nos tabais nos que era enviado aos mercados mediterráneos e do interior de España durante o século XIX e parte do XX.
-
O aumento da demanda de produtos elaborados a partires do coiro fomentou a expansión de curtidurías a carón de ríos en comarcas gandeiras, que fornecían a materia prima, e con abundancia de carballos porque a casca destas árbores aportaba o tanino imprescindible para curtir eses pelexos.
Por iso artesáns de orixe vascofrancesa foron establecendo unha rede de curtidurías dende Verín (os Harguindey), ata Caldas de Reis (os Legerén), Betanzos (os Etxeverría), Santiago de Compostela ou Noia, documentada, no seu día, polas pescudas de Xoán Carmona e outros historiadores da economía de Galicia dende o século XVIII.
Para saber máis:
- Consulta na rede a información sobre esas curtidurías,
- Visita vrtualmente o museo do coiro de Allariz
- Descarga no teu equipo as imaxes deste cartafol que che ensinarán como era o traballo nesas instalacións protoindustriais.
- Consulta na biblioteca do IES o libro de Pedro García Vidal, a Noia da memoria, con información precisa sobre as curtidurías en Noia.
-
Descarga esta práctica no teu equipo e respondea utilizando os materiais que se xuntan nela, como preparación da cuestión 10ª da PAU: o papel da muller na España moderna.