As mulleres na industrialización: unha man de obra fundamental en moitos sectores
Requisitos do completado
A presenza feminina foi maioritaria en moitas actividades industriais, como o sector textil ou o conserveiro, e importante noutras. O mesmo aconteceu entre o proletariado agrícola de diversas rexións españolas.
Esculca as imaxes deste cartafol e elabora un cadro indicando que actividades desenvolven as mulleres que aparecen en cada imaxe, as datas e a provincia correspondente. Despois analiza eses datos e elabora unhas conclusións relevantes sobre a importancia da man de obra feminina na economía española da etapa da Restauración.