Republicanos españois da Nueve liberaron París
Podedes consultar na canle youtube, en castelán ou en francés o documental de Alberto Marquardt sobre a compañía Nueve da división Leclerc, formada por veteranos combatentes antifascistas españois que participaron na campaña de África contra Rommel e bautizaron os seus carros blindados e vehículos mecanizados con nomes alusivos á Guerra Civil española, como 'Madrid', 'Guernica' ou 'Guadalajara'.
Foron a primeira unidade do exército aliado que entrou en París o 24 de agosto de 1944. Capturaron aos mandos alemáns evitando que cumplisen a orde de destruir a cidade que transmitira Hitler desde Berlín. Despois, formaron parte da ofensiva en Alsacia e do definitivo asalto en Alemania contra o 'Niño de Águias' de Hitler.
Encadrados na Nueve, morreron máis de mil heroicos republicanos españois na loita contra o fascismo. Trátase dunha historia case descoñecida, tanto en España como en Francia, porque a historia oficial francesa espallou o silencio e o esquecemento sobre a participación española na Resistance contra o nazismo e na liberación de París ata a recente inauguración dun monumento de lembranza á Nueve en París.
Alberto Marquardt, director arxentino afincado en Francia, interesouse en 2002 pola epopea da Nueve como exemplo da necesidade de restablecer a verdade histórica. Conseguiu montar a produción con magníficas imaxes de arquivo e entrevistas a dous supervivintes.