Ir ao contido principal
av
  • Inicio
  • Calendario
  • Máis
Neste momento está usando o acceso para convidados
Acceder
av
Inicio Calendario
Expandir todo Contraer todo
  1. Taboleiro
  2. 4º 25-26
  3. Novidades
  4. Semana do 11 ao 15 de maio

Semana do 11 ao 15 de maio

Requisitos do completado

Venres, 15 de maio de 2026

Interdisciplinar. Rematade as biografías e os experimentos para expoñer o luns.

Matemáticas: Páxina 222, exercicios 1, 2 e 3.

English Exercises.

Nota: Traede o libro de C Sociais.


Xoves, 14 de maio de 2026

Galego: Páxina 174 , exercicios do 1 ao 6. Aprendede ben cales son as palabras que deben escribirse con h. Revisade o exercicio 4 da páxina 166 para responder ben ao exercicio 2 sobre os préstamos doutras linguas na pintura. O texto escrito que teredes que facer mañá no exame vai ser unha biografía. Preparádea ben?!!!

Mércores, 13 de maio de 2026

C da Natureza. ESTUDAR. Mañá faremos a proba. Recorda a importancia de facer os esquemas e aprender ben as propiedades da materia, as clases de materia, os estados da materia e os cambios físicos e químicos. Aprendede ben as seis formas da enerxía e en que consiste cada unha. So se escribes, debuxas e relacionas coa túa vida om que estudas, poderás mrecordalo mellor. Intenta facer varias veces a ficha de repaso, revisa os exercicios do libro. Axudarate.

Linguas. Mañá visítanos a profe Vero. Queres escribirlle unha carta? (Voluntario)

Martes, 12 de maio de 2026

Matemáticas. Operacións. Páxina 122, exercicios 1, 2 e 3.

C da Natureza. Completade os esquemas que vos faltan, para estudar e facer ben a ficha de repaso sen dúbidas e sen axuda.

Castelán: Páxina 186, exercicios do 1 ao 5. Recordade que o texto que ides escribir mañá será o da reseña dun libro. Así que recordade o título, autor e editorial do libro que queredes recomendar.

Galego: Remata e presenta a bibografía da persoa que queiras.

Luns, 11 de maio de 2026

Matemáticas- Plástica. Crea e completa debuxos con simetría.

Galego: Copia o recadro dos pronomes e completa o exercicio 4. Aprende o himno galego.

C da Natureza. Completa a ficha de repaso e estuda.

    • CN T5 Materia e enerxía.docx CN T5 Materia e enerxía.docx
Neste momento está usando o acceso para convidados (Acceder)
Resumo da retención de datos
Políticas
Obter a apli móbil
Fornecido por Moodle