Semana do 20 ao 24 de abril. Probas de diagnóstico.
Todos os días teremos as probas de diagnóstico de 12 a 14 horas. Polo que so teremos clase as tres primeiras sesións.
Venres, 24 de abril de 2026
Matemáticas: No caderno, resolve as catro operacións propostas. Pensa un problema que se resolva con cada unha.
Castelán: Escribe no caderno ou nun folio unha pequena reseña sobre o teu libro favorito, o libro que che gostaría recomendar aos teus compañeiros e compañeiras.. Debes indicar: Título, Autor, ¿De que trata o libro?
Galego: Estuda a copla do maio.
English: Exercises.
C Sociais: Páxinass 106 e 107, exercicios 1, 2, 4, 9 e 10. o exame de C Sociais será o mércores, día 28. Podedes intentar facer o exame deste tema que fixo o alumnado de 4º no curso pasado.
NOTA: o LUNS IREMOS Á HORTA.
Xoves, 23 de abril de 2026
Matemáticas: No caderno, resolve as catro operacións propostas. Pensa un problema que se resolva con cada unha.
Castelán: Goza dun bo libro. Hoxe é o Día do Libro. Recorda as palabras da autora Irene Agra e os seus consellos.
Galego: Estuda a copla do maio.
English: Exercises.
C Sociais: Voluntario. Estuda as capitais dos países da Unión Europea, se queres participar no concurso. Espérate un libro de agasallo.
Mércores, 22 de abril de 2026.
Matemáticas: Na libreta repaso das catro operacións básicas. Páxina 182, ex 2, páxina 187, ex. 6 e 7; páxina 190, ex 1; páxina 191, ex 6 e 8. En todos eles debedes resortar e pegar as imaxes para responder correctamente.
Luns, 2o de abril de 2026
C Sociais. Investiga sobre unha das cidades españolas patrimonio da humanidade. Podedes presentar a investigación en cartolina, lapbook ou power point, pòdedes traer so imaxes e explicar oralmente o que sabedes desa cidade. O traballo é por parellas e cada persoa terá que falar un minuto. podedes buscar información en Aula Virtual C Sociais.
Xa lemos a parte da Unión Europea. Podedes dicir algúns dos países e capitais da Unión Europea? Se queredes practicas cun xogo probade este:
Matemáticas. Podedes xogar na casa aos xogos que vimos hoxe para practicar coas simetrías (xogo dos avións) ou co eixo de coordenadas (afundir a flota). Recordade que empezamos co número do eixo horizontal.
Linguas: Gozade dun bo,libro.
C da Natureza. Experimentos (ata o 15 de maio). Ademais do experimento debedes traer un informe escrito con sete páxinas páxinas:
- Portada (debuxo ou foto e nome do alumno/a
- Índice
- Hipótese (Unha pregunta a resolver co experimento ou un suposto a comprobar)
- Materiais.
- Proceso: experimento- resultado-- nova hiopótese- experimento- resultado ...
- Explicación científica.
- Bibliografía
