Section outline

    • Xuño

    • Venres,19 de xuño de 2026

      Parabéns, nenos e nenas marabillosos.

      Esforzastevos moito e fixéstes unhas moi boas actuacións neste fin de curso, como tamén o foron as vosas creacións de Scratux. Noraboa!!

      Todas, todos, fostes medrando moito e aprendendo a dar cada día un pouquiño máis non so polo que estudastes senón por como estudades, no que ledes e como ledes, no que contades e como o escribides...

      No verán cada unha, cada un de vós sabe o que ha de mellorar para facer un bo curso en quinto: algúns deberán mellorar a ortografía, outras as divisións, outros a comprensión dos problemas, outras a comprensión lectora. 

      Propóñovos que o pasedes moi ben xogando, falando, escoitando, cantando e bailando tamén; facede deporte, mirade películas en familia ...

      E adicade unha hora cada día a exercitar ... as neuronas:

      • Lede un libro en castelán e outro en galego.
      • Inventade e resolvede problemas que precisen , suma, resta, multiplicación e división (de dúas cifras) cada día ...
      • Escribide, nestes días, a valoración final do curso de 4º. Será o primeiro que leamos cando nos vexamos en setembro.

      E agora: 

      Gozade revivindo os momentos máis bonitos do festival de onte e do de hoxe.

      • No bosque
      •  
         
      • Varre Vasoira

       

       

      • Do Re Mi

       

       


        Xoves, 18 de xuño de 2026.

      Valoración Final. En folio branco, con plantilla, tendes que escribir a valoración final deste curso estruturando a información en diferentes parágrafos  para abordar os seguintes aspectos:

      • Que aprendín novo, especialmente os contidos que non vistes en anos anteriores e aspectos relacionados co comportamento e a aprendizaxe (aprender dos erros, traballo en grupo axudando, tolerar a frustración, intentalo sen rendirse, mapas mentais, LER ...
      • Que actividades fixemos: grupos cooperativos, saídas, obradoiros, festivais, horta, radio, polos creativos (robótica e máquinas), experimentos, exposicións, informática, cociña, contacontos, lectura na biblio, audiolibros xogos, teatro, disfraces ...
      • Cales foron as actividades máis divertidas na clase para aprender.
      • Que quero mellorar este verán para empezar ben o novo curso.
      • Valoración da profesora.

      Practicade a canción de inglés e o baile final.

      NOTA: Para o festival traede camiseta branca, pantalón vaqueiro e, os que queirades, un pano vermello para atar no pulso. 

      Tamén poden traer o que eles queiran para facer unha pequena festa na clase, se é posible, con froita ou petiscos saudables para compartir.


    • Maio

    • Abril

    • Marzo

    • Febreiro