Ir ao contido principal
av
  • Inicio
  • Calendario
  • Máis
Neste momento está usando o acceso para convidados
Acceder
av
Inicio Calendario
Expandir todo Contraer todo
  1. Taboleiro
  2. 4º 25-26
  3. Novidades
  4. Semana do 25 ao 29 de maio

Semana do 25 ao 29 de maio

Requisitos do completado

Venres, 29 de maio de 2026

Castelán. Páxina 196, exercicios 3, 4 e 5. Páxina 193, exercicios 1 e 2

Galego: Páxina  183, exercicios 2 e 3; páxina 182, exercicio 1, cos debuxos. Se queredes facer un novo programa de radio tendes aquí a plantilla para seguir creando.

Interdisciplinar: Estudade moito, moito (non se trata so de ler!!!). A semana que ven farémolas probas das unidades 11 e de C Sociais.


Xoves, 28 de maio de 2026

Matemáticas. Páxina 130, exercicios do 1 ao 4. Facede perfectos os gráficos. O luns levarei as libretas de mates e sabedes que a libreta ten unha parte importante da nota.

C Sociais. Lede o libro de Asterix. O luns teredes que contar que sabedes dos romanos e dos "bárbaros".

Mércores, 27 de maio de 2026

C Sociais. Páxinas 118 e 119, estudar. Facede os esquemas e lede varias veces, comparade, falade do que aprendedes, repetídeo moitas veces...

Galego: Podedes escoitar os primeiros programas de radio. en Aula Virtual Galego Logo iremos escoitando os demais.

Martes, 26 de maio de 2026

C Sociais. Páxinas 120  e 121, exercicios do 1 ao 9, no caderno.

Luns, 25 de maio de 2026

C Sociais.  Páxina 116  e 117 exercicios 6 e 9. O exercicio 9 podedes facelo en folio con plantilla ou no caderno. Tendes que escribir tres historias diferentes contadas en 1º persoa. Na 1ª historia imaxinádesvos que sodes un  neno ou unha nena do Paleolítico e contades como é a vosa vida, un día calquera. Na 2ª historia seredes os protagonistas de novo, pero agora vivide no Neolítico e contades un día da vosa vida, que fan os vosos pais, que facedes vós, como vestides .... Na 3ª historia as aventuras ocórrenvos na Idade dos metais. Que vos ocorre? Que vedes? Que está pasando ao voso arredor?... Páxina 120 intentade contestar oralmente ás preguntas, se non sabedes as respostas buscádeas relendo a parte da Idade Antiga que vimos hoxe na clase.

    • RADIO MAGARIÑOS.docx RADIO MAGARIÑOS.docx
Neste momento está usando o acceso para convidados (Acceder)
Resumo da retención de datos
Políticas
Obter a apli móbil
Fornecido por Moodle