Ir ao contido principal
av
  • Inicio
  • Calendario
  • Máis
Neste momento está usando o acceso para convidados
Acceder
av
Inicio Calendario
Expandir todo Contraer todo
  1. Taboleiro
  2. 4º 25-26
  3. Novidades
  4. Semana do 27 ao 30 de abril

Semana do 27 ao 30 de abril

Requisitos do completado

Xoves, 30 de abril de 2026

C da Natureza. Páxinas 92 e 93- todos.

Linguas: Rematade os escritos pendentes. Gozade dun bo libro.

Mates: Estudar o vocabulario propio do tema.


Mércores, 29 de abril de 2026

C Sociais. Podedes facer de novo a proba do Tema 5 en Aula Virtual C Sociais. Todos sabedes o resultado que obtivestes pola mañá, pero ese resultado pode mellorar grazas ao apartado de "Busca de información" que tamén conta na nota. A semana próxima (venres) repetiremos o exame de provincias, comunidades autónomas e o de países e capitais europeas (este último será oral e voluntario). Mañá podedes traer xa algún dos vosos experimentos aínda que o informe o entreguedes máis tarde e imos valorando na clase como facelo.

Galego: Escritos en folio con plantilla. O primeiro escrito será unha noticia (redactada en 3º persoa) sobre "Amabul e as plantas invasoras". O segundo escrito será sobre a obra de teatro "O misterio do cadro desaparecido" para os actores e actrices que actuaron, e será en formato diario. Os que non participaron na obra de teatro, escribirán unha páxina de diario contando o que fixemos na horta. Estudade ben a canción dos maios. Mañá a actuación será no Salón Peña.

Matemáticas: Liveworksheets sobre poliedros e  corpos redondos. Podedes envialos a rosafielpas@yahoo.es. A semana próxima faremos a proba das unidades 9 e 10.

English: Exercises

NOTA: Mañá traede o libro de C. da Natureza. Mañá tendes que entregar cubertos os impresos cos datos requeridos para a Avaliación de Diagnóstico.

Luns, 27 de abril de 2026

Matemáticas. Resolve as operacións básicas imaxinando o enunciado do problema que poderían resolver.  Páxinas 208-209, 212-213: Estudar o vocabulario do tema e observar a semellanza e diferenza entre calquera corpo xeométrico que vos presenten. 

Castelán: Revisa a reseña do teu libro favorito. Mañá terás que lela na clase. Asegúrate de que a les con corrección ou corrixe, se procede, os erros que poidas atopar.

C Sociais. Completa a proba que levaches o venres. Mañá correxirédela na clase.

    • CS 4º T5  Galicia- España. Europa.docx CS 4º T5 Galicia- España. Europa.docx
Neste momento está usando o acceso para convidados (Acceder)
Resumo da retención de datos
Políticas
Obter a apli móbil
Fornecido por Moodle