Ir ao contido principal
av
  • Inicio
  • Calendario
  • Máis
Neste momento está usando o acceso para convidados
Acceder
av
Inicio Calendario
Expandir todo Contraer todo
  1. Taboleiro
  2. 4º 25-26
  3. Novidades
  4. Semana do 8 ao 12 de xuño

Semana do 8 ao 12 de xuño

Requisitos do completado

Venres, 12 de xuño de 2026

C da Natureza. Páxinas 121 e 122. Entendes ben a información? Saberías responder ás preguntas? Completa o mapa mental das máquinas coa información que agora sabes sobre as máquinas compostas. Fai a ficha de repaso de máquinas compostas e prepara o exame do luns. Podes ver o exame escrito que fixeron os teus compañeiros o curso pasado. Vós farédelo no ordenador, pero as preguntas serán moi similares. Lédeas ben, pensade ben as respostas e estudade moito moito. Ánimo; xa queda menos!

Galego: Carta de agradecemento para o responsable do supermercardo; en folio con plantilla e moi ben presentado.

Nota: O luns, despois do exame, sairemos de visita por Cambados: Monte da Pastora, torre de San Sadurniño, Pazo de Montesacro, Paseo Marítimo, Concello, Pazo de Torrado, Pazo de Fefiñáns ... Traede viseira e auga nunha mochiliña pequena.

Recórdovos que tamén tendes que traer os libros do programa FONDO LIBROS a partir do luns.

Xoves, 11 de xuño de 2026

Matemáticas: Podedes seguir facendo prácticas libremente con Scrach (Voluntario)

Castelán. Páxina 218: exercicios 1, 2, 4 e 5. Mañá faremos a proba da unidade 12. Volvede ler a lectura.

Galego: En folio, con plantilla, páxina do diario sobre a compra no súper (mínimo 10 liñas e con debuxo)

C da Natureza: aprendede o nome, data e invento dos obxectos que cambiaron o rumbo da historia.

Música: Volvede mirar o baile e a música; podedes idear pasos e movementos novos que poidamos facer toda a clase ...

Nota: Para acceder á sala de polos creativos para traballar cos robots e as construcións,  hai que entregar o escrito e sabersr polo menos tres inventos- datas e inventores claves na historia.


Mércores, 10 de xuño de 2026

Matemáticas: Páxina 243, exercicios 4 e 5. Páxina 245, exercicios do 1 ao 3 (pensade nas respostas do 4 e do 5).

Castelán: Es folio, escribe con letras dobres e coloreadas tres refráns que saibas explicar.

Galego: Páxina 119, exercicio dos refráns no caderno. Escribe o refrán completo e pensa se sabes explicalo. (Pregántalle aos maiores; eles si que o saben!)

C da Natureza: Mapa mental sobre as máquinas : que son, tipos de máquinas, máquinas simples ... ). Recorda a importancia de facer debuxos que che axuden a recordar. Estuda moito, moito, moito os tipos de máquinas simples.

NOTA: Traede os exames asinados.


Martes, 9 de xuño de 2026

C da Natureza. En folio, facede un mapa mental con todo o que aprendestes das forza: sabedes que no mapa mental o centro de atención radica nos debuxos que escollades. Han de estar ben coloreados. Procurade distribuir ben o espazo para poñer a información clave. Estudade ben os tipos de forza e os exemplos. Mañá podedes traer a clase imáns e faremos experimentos con eles. Páxina 114-115. Lede e contestade oralmente todas as preguntas. Podedes comprobar que dominades esta parte do tema se sabedes responder a todas. No caso de que non sexa así buscade a información exacta nas páxinas 112-113

English. Study for exam.

Luns, 8 de xuño de 2026

Galego: Páxina 198, exercicios do 1 ao 4.

C da Natureza. Páxina 110 , exercicios do 1 ao 4. Mañá levo as libretas para correxir. Sabedes que é unha parte importante da nota.

    • CN 4º T6  Forzas, máquinas e inventos control.docx CN 4º T6 Forzas, máquinas e inventos control.docx
Neste momento está usando o acceso para convidados (Acceder)
Resumo da retención de datos
Políticas
Obter a apli móbil
Fornecido por Moodle