Ir ao contido principal
av
  • Inicio
  • Calendario
  • Máis
Neste momento está usando o acceso para convidados
Acceder
av
Inicio Calendario
Expandir todo Contraer todo
  1. Taboleiro
  2. 4º 25-26
  3. Novidades
  4. Semana do 9 ao 13 de febreiro

Semana do 9 ao 13 de febreiro

Requisitos do completado

Venres, 13 de febreiro de 2026

Castelán: Remata o cómic (en folio). Recollereinos o xoves. Estuda as formas verbais de indicativo do verbo saltar; téndelas no apéndice do terceiro trimestre e en Aula Virtual Castelán (non entran no exame de castelán que faremos o xoves). Estuda os sufixos, a ortografía dos verbos rematados en -ger, -gir e intenta descubrir sempre as formas verbais nas vosas oracións (debedes saber a conxugación á que pertencen. Estuda todo o que formou parte da unidade 6.

Galego: En folio, NOTICIA sobre o Entroido no Magariños (Recorda que nunha noticia falas en terceira persoa, como un xornalista que informa de cando, onde, que ocurriu no Magariños no Entroido; remata a noticia informando da opinión do alumnado e das familias sobre esta festa. Estuda as palabras rematadas en -axe (femininas agás excepcións), os adxectivos, a rima nos poemas ... Estuda un poema para recitar a vindeira semana.

C Sociais: Estuda os apartados da poboación que xa vimos na clase. Estuda as provincias e Comunidades Autónomas de España no mapa que levastes a casa. O venres comprobaremos cantas sabedes xa. Podes comprobar nos dous xogos de Aula Virtual C Sociais cantas estás sabendo ata dominalas todas. (Non entran no exame do luns). Tamén podedesimprimir o mapa mudo para ver cantas recordades.

Matemáticas: Observa os prezos da carne e da froita estes días no súper ou nos folletos. Saberias calcular o prezo de medio quilo, cuarto quilo, tres cuartos ??? Se tes unha regra na casa mide o que te rodea, estima primeiro o que pode medir e compróbao. Sabes xa canto mides ti?


Xoves, 12 de febreiro de 2026

Matemáticas: Rematade os cálculos que vos faltan no problema do súper. (20 min)

Castelán. Páxina 106, exercicios do 1 ao 6. (30 min)

C Sociais: Estudar. Retos da poboación. Se vos axuda, facede un esquema ou un mapa mental sobre as causas, consecuencias e solucións aos dous grandes retos da nosa sociedade. (10 min)


Mércores, 11 de febreiro de 2026

Matemáticas. Ficha SMD (5 min)

Galego: Páxina 106, exercicios do 1 ao 5. (15 min)

C Sociais. Páxinas 64 e 65, lectura detallada dos retos da poboación (pensando nas causas, consecuencias e solucións a cada un deles) (10 min). Páxinas 66 e 67, exercicios do 1 ao 7. (30 min).


Martes, 10 de febreiro de 2026

Matemáticas. Ficha: cambio de unidades no SMD. Revisión da proba de matemáticas. Podedes intentar facela de novo para ver se agora sodes capaces de entender que vos preguntan e que reflexións requiren as respostas. (20 min)

Castelán: Páxina 101, exercicios 1 e 2. En folio crea un cartel cun eslogan que anime aos teus compañeiros a ler, estudar, traballar cada día, resolver conflictos ... ; ou calquera outra acción que consideres importante. Debe estar moi ben coloreado e co eslogan moi curto, claro e en letras dobres. (30 min)

C Sociais. Revisade as fichas que levastes onte e intentade aprender ben os aspectos relacionados co padrón, o censo, o crecemento natural, o saldo migratoriao, as desigualdades ... (10 min).

Nota: Recordade que podedes facer os Liveworksheet que tendes en Aula Virtual- ROSA- Matemáticas.

Luns, 9 de febreiro de 2026

Matemáticas: Fai os liveworksheet do SMD e cambio de unidades de lonxitude, que tes en Aula Virtual ROSA Matemáticas. (15 min)

Galego. Termina de ver o vídeo sobre as regueifas que vimos en Aula Virtual Galego. Atréveste a compoñer unha regueifa e competir con algúin dos retos? (Mira a partir do minuto 30). Estuda e practica a canción do entroido.

C Sociais. Fai as tres fichas  de repaso que levaches a casa. (30 min).

Nota: Se podes, trae cartolina verde para rematar o teu disfrace de Entroido. Se queres , podes vir ao cole de 4 a 6 para rematalo.  


    • MT Av Diagnóstico 24-25.pdf MT Av Diagnóstico 24-25.pdf
    • SMD Unidades de lonxitude TÁBOA DE CONVERSIÓN SMD (2).docx SMD Unidades de lonxitude TÁBOA DE CONVERSIÓN SMD (2).docx
Neste momento está usando o acceso para convidados (Acceder)
Resumo da retención de datos
Políticas
Obter a apli móbil
Fornecido por Moodle