Ir ao contido principal
av
  • Inicio
  • Calendario
  • Máis
Neste momento está usando o acceso para convidados
Acceder
av
Inicio Calendario
Expandir todo Contraer todo
  1. Taboleiro
  2. 4º 25-26
  3. Novidades
  4. Semana do 13 ao 17 de abril de 2026

Semana do 13 ao 17 de abril de 2026

Requisitos do completado

Venres, 17 de abril de 2026

Matemáticas: Estudar o nome das figuras planas, áreas e perímetros.

Galego: Aprender palabras con ll e palabras con "i" en lingua galega. 

C Sociais: Ler varias veces a información sobre a Unión Europea. Tendes que aprender polo menos cinco países da Unión Europea  coas súas capitais. Os que saiban máis países e capitais o vindeiro mércores levarán como agasallo un libro da súa elección. O exame de C Sociais farémolo o luns, día 27, unha vez rematen as probas de diagnóstico.

C da Natureza. Empezaremos a partir da vindeira semana o tema da Materia e a Enerxía, polo que a partir do luns podedes presentar na clase calquera experimento que vos guste. 

C Sociais:

Xoves, 16 de abril de 2026

Matemáticas. Volvede facer a ficha que empezamos na mañá. Tendes que localizar no libro a información que vos piden e nas áreas e no perímetro debedes prestar moita atención ás unidades que expresades.

C Sociais: Estudade ben a diferenza entre os poderes executivo, lexislativo e xudicial. Estudade que é a constitución e os símbolos de cada territorio que vimos ata este momento.

Mércores, 15 de abril de 2026

Matemáticas. Intentade facer de novo a ficha de repaso desta mañá comprobando que desta volta xa non tendes erros e sabedes responder a todos os exercicios. Estudade ben como calcular as áreas e os perímetros indicando con corrección as unidades correspondentes. (10 min)

Castelán. Ler e estudar os principais adverbios de lugar, tempo, cantidade.

Galego: Páxina 156 exercicios 2 e 3; páxina 157, exercicio 1 e 2. Recadros. Estudar todas as conxuncións e algunhas das preposicións máis usadas. (20)

C Sociais. Páxinas 102 e 103, exercicios do 4 ao 9. No exercicio 4 so poñedes unha cidade escollida (das 15 cidades patrimonio da humanidade) e deixade  espazo para que a vosa parella escolla outra. (30 min)


Martes, 14 de abril de 2026

Matemáticas: Áreas dos triángulos e da figura da ficha  desta mañá. Aprendede as fórmulas das áreas dos polígonos estudados e o vocabulario correspondente: base, altura, diagonal, vértice, romboide, trapecio... perímetro. (20 min)

C Sociais. Páxinas 98 e 99, exercicios do 1 ao 8. (40 min)

Luns, 13 de abril de 2026

Matemáticas: Ficha de áreas. (15 min)

C Sociais: Páxinas 94 e 95, exercicios do 1 ao 7 (Se non facedes os debuxos escribide unha oración explicando de que tratan)) 45 min. Estudar que é a Constitución, cales son os tres poderes do estado, que o forma e que función principal ten cada un.

    • Áreas figuras planas- exercicios.docx Áreas figuras planas- exercicios.docx
    • MT 4º T8 repaso competencial (2).docx MT 4º T8 repaso competencial (2).docx
    • MT 4º T13 Figuras planas-perímetro e área (1).docx MT 4º T13 Figuras planas-perímetro e área (1).docx
    • Problema áreas.odt Problema áreas.odt
Neste momento está usando o acceso para convidados (Acceder)
Resumo da retención de datos
Políticas
Obter a apli móbil
Fornecido por Moodle