Semana do 9 ao 13 de marzo
Venres, 13 de marzo de 2026
Castelán: Páxina 132, exercicios do 1 ao 6. (20 min)
Matemáticas: Páxinas 142 e 143, exercicios do 2 ao 8. (30 min). Repasade ben cos reloxos como se di a hora de forma analóxica e de forma dixital.
C da Natureza: Lectura rápida do tema (Títulos, imaxes, apartados) Pregúntome: Que sei xa do tema? Que quero aprender? Fai unha portada (10 min)
Xoves, 12 de marzo de 2026
Matemáticas: Ficha de reloxos. Ollo, fixádevos ben se poñedes a hora de xeito analóxico ou dixital!! Usade o reloxo que vimos na clase (Aula Virtual matemáticas para comprobar que sabedes pasar da hora analóxica á dixital sen erros).
C Sociais: Estudade e preparade ben a proba. Seriades explicar en calquera dos ODS como satisfai as necesidades persoais ao tempo que coida o futuro do planeta. Teredes que escribir dez liñas explicándo un deles. Sabedes a actividade profesional dos vosos pais ou avós a que sector económico pertence? Sabedes diferenciar os gastos fixos dos variables e dos imprevistos? Facede en folio, de novo os mapas mentais e os esquemas con moito orde, claridade, cos debuxos, cores e palabras clave que vos axuden a estudar e a entender. Podedes intentar repetir a ficha de repaso da unidade que fixemos hoxe. Buscade a información no libro se non sabedes responder. Asegurádevos de que as vosas respostas son correctas. (30 min).
Mércores, 11 de marzo de 2026
Matemáticas: Ficha de reloxos. Ollo, fixádevos ben se poñedes a hora de xeito analóxico ou dixital!! Revisade os erros que tivestes na clase, procurade entender que pasoiu e intentade facela de novo. Podedes apoiarvos no reloxo de Aula Virtual matemáticas que vos da indicación tanto da lectura analóxica como dixital. (10 min). Mañá tendes que traer o libro e a libreta de matemáticas.
Castelán: Exercicios de repaso para preparar a proba de mañá- Páxina 126, exercicios do 1 ao 5. (20 min) Buscade a información que non dominedes no libro. Aprendede nos recadros os aspectos clave desta unidade en ortografía, verbos, sufixos, medida de versos e escrita da noticia. Non traiades o material de castelán pois faremos a proba. (20 min)
C Sociais. Páxina 85, exercicios do 9 ao 12. Podedes intentar repetir a ficha de repaso da unidade que fixemos hoxe. Buscade a información no libro se non sabedes responder. Asegurádevos de que as vosas respostas son correctas. (30 min).
Nota: Anotade sempre o tempo que tardades en facer as actividades.
Martes, 10 de marzo de 2026
Matemáticas: Páxina 131, exercicios 11 e 12. Podedes intntar resolver de novo os anteriores para comprobar que os entendedes e sabedes facelos de novo sen axuda. (10 min)
Castelán: Intentade contar as sílabas de cada verso dos poemas. Mañá poderedes comprobas se xa dominades as sinalefas e atopades as agudas finais (auq aumentan unha sílaba) ou as esdrúxulas finais(que restan unha sílaba) . Tende en conta tamén os ditondos e os hiatos á hora de separar. (10 min)
C Sociais: Preparade o cartel do ODS que vos corresponde e preparade unha exposición oral dun minuto no que expliquedes a importancia do voso ODS para satisfacer as necesidades das persoas pero conseguindo un futuro sostible para todas e todos. Páxinas 84 e 85, exercicios do 1 ao 7. (30 min)
Galego: Revisade os recadros do tema, especialmente artigos, contracións, demostrativos e ortografía con V e B, así como o vocabulario dos deportes e os sufixos. Mañá faremos a proba. (10 min)
Luns, 9 de marzo de 2026
Matemáticas. Páxina 130, exercicios do 1 ao 5. No exercicio 3 deben estar escritas as operacións, non so plantexadas, senón coa conta completa sexa división ou multiplicación. (20 min). Practicade coas horas en reloxos analóxicos e dixitais. Tendes varios xogos en Aula Virtual Matemáticas.
Galego: Páxina 120, exercicios 1 e 2 (estudar os artigos e como se forman as contracións. Páxina 121, exercicios 2 e 3. Estudar os demostrativos. Mércores faremos o exame. (20 min)
C Sociais: Páxinas 80- 81, exercicios do 1 ao 7 (20 min).
Nota: Anotade a hora de inicio dos exercicios en cada asignatura e a hora de remate; botade conta do tempo que tardastes en rematar cada área. Acordádevos de traer os exames asinados.

