Semana do 16 ao 18 de marzo
Mércores, 18 de marzo de 2026
Matemáticas: Estudar o vocabulario específico dos ángulos. Páxina 158, exercicios 1, 2, 4 e 5 (Moi ben debuxado)
Castelán: Estudar o verbo saltar (está en Aula Virtual castelán ou no libro do 3º trimestre nas páxinas finais). O vindeiro luns faremos o exame de verbos.
C da Natureza. Podedes escoller para realizar unha destas actividades: Mapa mental sobre os 10 hábitos saudables que vimos na clase de onte ou debuxo da roda dos alimentos. Ollo tendes que prestar moita atención ao Grupo III das proteínas que inclúe tamén os lácteos. Recordade que no libro os recadro dos lácteos está mal ubicado. Acordádevos da importancia de usar as cores correspondentes, o tamaño exacto e a posición na roda de cada alimento, pois a posición é tamén moi importante. (25 min).
Martes, 17 de marzo de 2026
Matemáticas: Estudar o vocabulario específico do tema: triángulos e cuadriláteros. Intentade atopar todo tipo de triángulos e cuadriláteros ao voso arredor e buscade todos os ángulos rectos que vos arrodean (10 min)
Castelán: Páxinas 134 e 135. Recadro (estudar) e exercicios do 1 ao 6. Recordade que mañá me levarei as vosas libretas. Acordádevos de revisalas e pintade os debuxos. (25 min)
C da Natureza. Podedes escoller para realizar unha destas actividades: Mapa mental sobre os 10 hábitos saudables que vimos na clase de onte ou debuxo da roda dos alimentos. Ollo tendes que prestar moita atención ao Grupo III das proteínas que inclúe tamén os lácteos. Recordade que no libro os recadro dos lácteos está mal ubicado. Acordádevos da importancia de usar as cores correspondentes, o tamaño exacto e a posición na roda de cada alimento, pois a posición é tamén moi importante. (25 min).
Nota: Mañá traede calzado vello pois iremos á horta despois do recreo. Se tendes na casa traede tamén as pequenas ferramentas e guantes. Grazas.
Luns, 16 de marzo de 2026.
Matemáticas. Volvede facer na casa a ficha de repaso que fixemos na clase. Asegurádevos de entender ben que tendes que facer en cada exercicio. A que faremos mañá na proba será moi similar, pero con datos diferentes. Estudade ben o nome das figuras planas que xa aprendestes en 3º.
Nota: Mañá levaredes os exames aqueles que xa entregastes os anteriores asinados.