Ir ao contido principal
av
  • Inicio
  • Calendario
  • Máis
Neste momento está usando o acceso para convidados
Acceder
av
Inicio Calendario
Expandir todo Contraer todo
  1. Taboleiro
  2. 4º 25-26
  3. Diario de aula
  4. Semana do 1 ao 5 de decembro

Semana do 1 ao 5 de decembro

Requisitos do completado

Venres, 5 de decembro de 2025

C Sociais: Páxinas 35 e 36, exercicios do 1 ao 8. Os exercicios 9 e o 10 lédeos con atención e tentade facelos oralmente, porque tendes que facer vós de presentadores do tempo e habedes de demostrar que sabedes falar ben de todo o que vimos sobre o tempo atmosférico.


Xoves, 4 de decembro de 2025

Matemáticas. Facede prácticas da división entre 1 cifra cos dous programas que tendes en Aula Virtual Matemáticas.

C Sociais: Páxina 35. Copiade os debuxos e textos relacionados cos Factores do clima. Debedes sabelos explicar ben, con exemplos que vós entendades. Ide pensando no voso programa como meteorólogos ... O martes ... gravamos!

Mércores, 3 de decembro de 2025. Día da Discapacidade

Castelán: Páxina 62 , exercicios do 1 ao 5.

Matemáticas: Páxina74, exercicio 3.

C Sociais: Páxina 34, debuxo cos elementos do tempo e os medidores de cada un deles. Estudar a definición de cada un deles.

Galego: Practicar a canción de Nadal e o papel da obra de teatro.

English: Study for exam.: Lisenig

Martes, 2 de decembro de 2025

Matemáticas: Páxina 68, ler, entender, explicar e estudar. Páxina 74, exercicios 1 e 2

C Sociais: Páxina 34, ler, entender, estudar.

Luns 1 de decembro de 2025

Matemáticas. Construímos as táboas de dividir (a inversa de multiplicar ata dominalas) Podedes descargalas en Aula Virtual Matemáticas. Mañá empezaremos o cálculo rápido de divisións. Ficha de repaso para practicar a división de unha cifra. 

C Sociais: Portada da unidade 2. Lede o tema completo e preguntádevos: Que sei xa do tema? Que quero aprender?

Galego: Lede e estudade (os personaxes acordados na aula) a obra de teatro sobre a Constitución e o Estatuto de autonomía da Galicia.

Música: Estudade a letra da panxoliña de Nadal e intentade cantala xa coa música de fondo.

    • Calade 2025-12-01 at 15.52.05.jpeg
    • Divisións de unha cifra resto distinto de cero.docx Divisións de unha cifra resto distinto de cero.docx
    • Teatro Constitución Concurso 2.docx Teatro Constitución Concurso 2.docx
Neste momento está usando o acceso para convidados (Acceder)
Resumo da retención de datos
Políticas
Obter a apli móbil
Fornecido por Moodle