Ir ao contido principal
av
  • Inicio
  • Calendario
  • Máis
Neste momento está usando o acceso para convidados
Acceder
av
Inicio Calendario
Expandir todo Contraer todo
  1. Taboleiro
  2. 4º 25-26
  3. Diario de aula
  4. Semana do 9 ao 12 de decembro

Semana do 9 ao 12 de decembro

Requisitos do completado

Venres, 12 de decembro de 2025

C Sociais: Ficha de repaso. Facede un esquema que recolla as causas que provocan o cambio climático e outro coas seis consecuencias que padecemos xa. Acordádebos de poñer en cada palabra clave un debuxo que vos recorde o que é importante. Debuxade tamén cinco pasos que podedes facer para evitar o cambio climático. Estudade o tema completo. O luns faremos a proba. Practicade tamén como ser presentadores do tempo e subide a Aula Virtual (C Sociais) a imaxe que escollestes.

Xoves, 11 de decembro de 2025

Matemáticas: Ficha se repaso. Mirade o vídeo das divisións unha ou moitas veces ata que vos saian perfectas sen a axuda do vídeo. Está en Aula Virtual Matemáticas.

Mércores, 10 de decembro de 2025

Matemáticas: Ficha de repaso para preparar a proba do venres. Podedes descargala e repetila moitas veces, ata dominala.

Castelán: Táboa dos posesivos. Estudala ben para analizar correctamente os posesivos , atopalos e escribilos onde corresponda.

C Sociais: Páxinas 40 e 41, exercicios do 1 ao 6. Lede con moita calma as páxinas anteriores para intentar explicarllas aos compañeiros. Debedes falar de causas e de consecunecias de cada un dos desastres naturais. Facede no caderno un esquema cos oito tipos de desastres naturais.

Música: Practicade a canción escoitando ben a música de xeito que a vosa voz se acople á perfección coa música do piano.

Galego: Participa no concurso da Real Academia Galega para escoller a palabra do ano. Cal é a túa favorita??

Martes, 9 de decembro de 2025

C Sociais: Páxinas 38 e 39. Lede as dúas páxinas con moita calma e escollede un apartado dos oito que se abordan no tema para explicarlle mañá na clase aos vosos compañeiros e compañeiras.

Matemáticas: Páxina 77, exercicio 1. Todas as contas deben ter  as probas (as dúas comprobacións coa fórmula e o desenvolvemento completo. Asegurádevos de facer ben a multiplicación por dúas cifras).

Galego: Páxina 70, exercicios do 1 ao 6. Estudade ben o ditado, pois será o que fagamos mañá no exame.

Nota: Mañá celébrase o día dos Dereitos Humanos. Por tal motivo iremos á praza do Concello para participar na Lectura do Manifesto. Vinde con roupa de abrigo e paraugas por se chove.


    • MT 4º T4 división Paisaxe.docx MT 4º T4 división Paisaxe.docx
    • MT 4º T4 división Repaso.docx MT 4º T4 división Repaso.docx
    • Posesivos-táboa para completar  cast.docx Posesivos-táboa para completar cast.docx
Neste momento está usando o acceso para convidados (Acceder)
Resumo da retención de datos
Políticas
Obter a apli móbil
Fornecido por Moodle