Semana do 10 ao 14 de novembro
Venres, 14 de novembro de 2025
C da Natureza: debuxo do aparato dixestivo, escrita dos nomes de cada parte e estudo. Debuxo do aparato respiratorio e estudo de todas as partes.
Xoves, 13 de novembro de 2025
Galego. Acentuación de palabras graves. Exercicios 2 e 3, copiar o recadro e estudar.
C da Natureza. Texto escrito en folio: Eu son unha mazá. Percorrido por todo o tubo dixestivo explicando o que vai acontecendo.
Mércores, 12 de novembro de 2025
Matemáticas: Repasade a táboa de multiplicar. É hora de dominala completa!!
Galego: Texto expositivo, en folio con plantilla sobre un animal. O texto terá cinco parágrafos ben separados: Características, nutrición, relación reprodución e curiosidades. Cada parágrafo pode ter unha ouy máis oracións. O texto completo terá polo menos dez liñas e un debuxo do animal. Recordade que debedes empregar un vocabulario científico moi preciso. Estudade as 100 palabras. Venres faremos o ditado.
C da Natureza: Estudar cada un dos órganos e partes do aparato dixestivo e a función de cada parte. Podedes practicar o rap da dixestión que tendes en Aula Virtual C da Natureza.
Martes, 11 de novembro de 2025
Matemáticas: Páxina 50, exercicios 1, 2, 3, 5 e 6. Páxina 51, exercicios 8, 10, 11 e 12. (Esta última so para os que xa remataron na clase os da páxina 50).
Castelán: Páxina 45, exercicios 1 e 2. Copiar e estudar o recadro.
C da Natureza: Páxina 30. Estudar as partes do tubo dixestivo e os seus órganos. Podedes verlos tamén no Genially que tendes en Aula Virtual C Natureza (páxina 14).
Luns, 10 de novembro de 2025
Galego: Páxina 46, exercicios 2 e 3.
English: Study for exam.
C da Natureza. Preparo a portada do tema. Lectura rápida do tema completo (Títulos, apartados, imaxes e pés de foto) Respondo: Que sei xa deste tema? Que quero saber?