Semana do 12 ao 16 de xaneiro
Venres, 16 de xaneiro de 2026
C da Natureza: Páxina 51, exercicios do 1 ao 6. Estudar o Sistema Nervioso e do que se encarga cada parte.
Xoves, 15 de xaneiro de 2026
Matemáticas. Facede os liveworksheet que tendes en Aula Virtual Matemáticas e enviádemos ao correo: rosafielpaz@yahoo.es.
C Natureza: Páxina 51, exercicios do 7 ao 11 (Copiade os enunciados simplificados).
Castelán: Estudar o poema. Seriades capaces de descubrir como é a rima do voso poema: asonante ou consonante? Mañá comentarémolo.
Galego: Páxina 87, exercicios 1 e 2. Estudade os nomes individuais e colectivos do exercicio 2.
Mércores, 14 de xaneiro de 2026
Matemáticas. Páxina 95, exercicios do 7 ao10.
Castelán. En folio, con plantilla, carta á directora solicitando algo para mellorar o cole (a carte estará escrita cunha linguaxe formal. Logo do saúdo, a presentación e a solicitude escribiranse os argumentos (motivos) para realizar esa solicitude. Despois da despedida formal asinaremos o escrito. Coidar moito a presentación e a ortografía. Poesía. Escollemos un poema en lingua castelá e estudámolo. O recitado será a vindeira semana.
English. Activity Book, exercises.
C da Natureza. Estudar e preparar a presentación.
Martes, 13 de xaneiro de 2026
Matemáticas. Páxina 94, exercicios do 1 ao 4. Facede os debuxos con regra e colóreadeos. Separade ben os exercicios.
C da Natureza. Páxina 50, exercicios do 1 ao 6. Falade cos vosos compañeiros de como preparar a presentación ppt ou impress sobre o sentido que debedes expoñer. Podedes subilo a Aula virtual.
English. Activity Book. Page 27, exercise 3. Worksheet.
Luns, 12 de xaneiro de 2026
Matemáticas: Páxinas 92 e 93. Copiade no caderno os recadros azuis. podedes poñer os exemplos que propón o libro ou os que vos queirades. (Recordade que cando traballamos fraccións todas as partes han de ser exactamente iguais, agás na cor)
C da Natureza: Páxinas 48 e 49 copiamos os debuxos e os recadros azuis cos nomes das partes de cada un dos sentidos. Aprendémos moi ben o nome de cada parte. Relemos o que vimos hoxe e preguntámonos: Xa sei os cinco aspectos que percibimos coa vista, ou os tres aspectos que percibimos co oído?; xa saei debuxar cada órgano coas partes correspondentes?; sei a diferenza entre sentido e órgano?
English: Exercises.
Castelán: Ditado das 100 palabras . Farémolo mañá.
Galego: Ditado das 100 palabras. Farémolo o mércores.