Ir ao contido principal
av
  • Inicio
  • Calendario
  • Máis
Neste momento está usando o acceso para convidados
Acceder
av
Inicio Calendario
Expandir todo Contraer todo
  1. Taboleiro
  2. 4º 25-26
  3. Novidades
  4. Semana do 23 ao 27 de febreiro

Semana do 23 ao 27 de febreiro

Requisitos do completado

Venres, 27 de febreiro de 2026

Matemáticas. Páxina 123 todos (20 min)

Galego, en folio con plantilla: receita de filloas con cantidades expresadas en gramos e litros (ou mililitros). Todo o vocabulario será en galego: tixola, manteiga, fariñoa, batedor, relador, raiadura ... (20 min)

C Sociais: Mapa mental dos sectores de produción (En folio). Recorda que a clave no mapa mental son os debuxos que acompañan a cada palaqbra (apenas hai texto, so palabras claves co seu debuxo) (20 min)

English: Pupils Book, page 43 (ex 4) & 44 (reading) . Activity Book page 37 (ex 3) & 38 (ex. 1& 2)

Xeves, 26 de febreiro de 2026

Matemáticas. Páxina 119, exercicios do 8 ao 12 . Enunciados completos e solución coas unidades. Recordade que so se poden realizar operacións traballando con datos nas mesmas unidades. (30 min)

Galego: Páxina 114, exercicios 3, 4 e 5. (10 min). Copia e estuda os recadros.

C Sociais: Páxina 72, exercicio 3 (10 min). Aprendede ben que son os ODS. Cantos dos ODS es capaz de recordar. Búscaos.

Castelán: Estuda os verbos. Cantos es capaz de recordar? Sabes dicir o presente, o futuo ou o condicional?(10 min). Recorda. O luns cociñaremos filloas na clase. 

Mércores, 25 de febreiro de 2026

English: Activity Book, page 36, exercise 1. Páxina 37, exercicios 1 e 2 (10 min)

Castelán: Páxina 117, exercicios 1 e 2 e recadro. (10 min)

Galego: Páxina 116, exercicios do 1 ao 4. (30 min) Recordade que nesta unidade teredes que facer un cómic en lingual galega (Debedes presentalo a vindeira semana).

C Sociais: Investigade situacións de desigualdade e pensade nun eslogan para preparar a pancarta que levaremos ao Auditorio na celebración do Día da Muller Traballadora. (10 min)


Martes, 24 de febreiro de 2026

Castelán Páxina 116 exercicios do 1 ao 6. Enunciados completos e respostas. (40 min) completas.

C Sociais. Portada Tema 4. Lectura rápida do tema. Respondo: Que sei xa? Que quero aprender? (20 min)


Luns, 23 de febreiro de 2026. Día de Rosalía de Castro

Galego. Escribe en folio unha noticia sobre o Día de Rosalía de Castro no Magariños. Recorda as normas para escribir unha noticia (TODAS):

Recorda seguir cada paso de PODER (pensa en orde, di a primeira oración (asegúrate de que teña sentido; estará escrita en terceira persoa) e despois de escribila revisa o escrito léndoo de novo antes de empezar coa segunda oración.

·         Empeza cun titular creativo.

·         Pon unha entradiña que resuma brevemento o que pasou.

·         Recorda que no primeiro parágrafo informa de QUEN É ROSALÍA DE CASTRO e aporta datos importantes da súa viada e obra. Logo informa de aspectos xerais relacionados co Recital Poético que houbo no coles: que ocurriu, cando, onde, como e porque … 

·         No segundo parágrafo vai engadindo detalles que completentes a información anterior.

·         No último parágrafo escribe a valoración que fixo o alumnado, como se fixeses unha entrevista a un dos participantes.

Fai que a túa noticia sexa emocionante para que todas e todos queiran lela!

Usa plantilla          Escribe dez liñas.         Separa os parágrafos cun espazo en branco.            Revisa a túa ortografía.

C Sociais. Ficha de repaso para preparar a proba de mañá. Asegúrate de buscar a información que aínda non sabes, responder correctamente e estudar o que consideres necesario.

    • CS 4º T3 Poboación.docx CS 4º T3 Poboación.docx
Neste momento está usando o acceso para convidados (Acceder)
Resumo da retención de datos
Políticas
Obter a apli móbil
Fornecido por Moodle