Semana do 24 ao 28 de novembro de 2025
Venres, 28 de novembro de 2025
Galego: Páxina 62, exercicioes do 1 ao 4. Páxina 64 copiar o cartel da pirámide dos hábitos saudables: alimentación e deporte.
Castelán: Páxina 60, exercicios do 1 ao6.
C Sociais. Lemos o tema 2 completo para preguntarnos: Que sei xa do tema? Que quero saber?
Xoves, 27 de novembro de 2025
Galego: Carta (en folio con plantilla) para a profe Vero, que virá mañá ao cole para visitarvos. Recordade o formato da carta, co lugar e a data na marxe superior dereita, o saúdo, o corpo principal, a despedida e a sinatura. Na parte principal, no primeiro parágrafo debedes empezar preguntándolle á profe como está e o que vos queirades saber dos seus nenos e o seu novo cole. No segundo parágrafo debedes contarlle o que fixemos na clase neste trimestre (a saída á Pastora, a festa do Magosto e o Samaín, o que plantamos na horta, que facemos no súper ...), pero faládelle tamén do que aprendestes, do que mellorastes, dos vosos equipos ... No último parágrafo contádelle cousas persoais vosas, curiosidades, soños, desexos ... Logo despedídevos esperando unha nova visita. Tendes que escribir cunha letra boísima ... a mellor!, e sen faltas de ortografía. Pensade ben cada oración para rematala con punto. Por suposto facédelle un debuxo marabilloso, moi ben pintado, como o das bolboretas que adornan a porta principal. Vaise sentir moi orgullosa de vós!!!
Mércores, 26 de novembro de 2025
C da Natureza: Ficha de repaso e estudar. Podedes completar a información sobre as enfermidades dos aparatos da nutrición e os hábitos saudables no Genially. (Páxina 46 , a do tabaco)
English: Pupils Book. Page 35, exercise 1 &2. Acttivity Book, page 24, exercises 2.
Martes, 25 de novembro de 2025
Matemáticas: Ficha de repaso.
C da Natureza: Estudar.
Luns, 24 de novembro de 2025
Galego: Páxina 53, exercicios 1, 2 e 3. Páxina 54 exercicios 1, 2 e 5. Preparade ben o ditado, pois ese será o ditado que fagamos no exame. Tamén teredes que escribir un texto expositivo sobre un animal. Preparade ben a estrutura do texto e a ortografía. Podedes repetir o que tendes no caderno ou calquera outro.
C da natureza: Páxina 35, debuxo do aparato urinario. Páxina 36, exercicio 4. Estudar.
Martes, 25 de novembro de 2025. Día contra as violencias machistas.
Matemáticas: Ficha de repaso de mates. Facédea moitas veces ata entendela ben.
C Natureza: Estudar.