Os principios instrucionais do ensino explícito para a aprendizaxe da competencia lectora son:
- Segmentación de habilidades:
• primeiro ensínase a identificar as vogais;
• logo pásase ao ensino das primeiras consonantes;
• conseguido isto, ensínase como se combinan as letras para ir formando sílabas e posteriormente palabras.
- Facer explícito o obxectivo de aprendizaxe.
- Modelado claro:
• mostrar como se le un texto, coa entoación, as pausas…;
• explicar como se produce e articula cada son.
- Práctica guiada: o alumnado pode ler en voz alta e, se alguén ten dificultades coa lectura dalgunha palabra, podemos intervir para apoialo.
- Participación activa: facemos que o alumnado se implique de forma dinámica na lectura, facendo preguntas interactivas que lle permita conectar co texto. Por exemplo, podemos pedirlle que lea unha parte específica do texto e logo propoñerlle reflexionar respecto diso: «Nesta parte do conto, o lobo está a tratar de enganar á avoa. Como crees que sente a avoa? Por que pensas iso?».
- Retroalimentación efectiva e centrada na tarefa: tras a lectura por parte do alumnado, ofrecemos comentarios: «Liches moi ben, pero lembra que cando hai unha coma temos que facer unha pequena pausa. E se hai un punto a pausa ha de ser maior.»
- Práctica independente: cando o alumnado demostrou que domina unha aprendizaxe, anímaselle a ler de forma autónoma na clase e na casa.
O ensino explícito beneficia especialmente aquel alumnado que está a aprender conceptos novos e presenta dificultades de aprendizaxe.